Así podería ser o aire acondicionado do futuro: paredes brancas

Cando se visita Andalucía por primeira vez, chama poderosamente a atención que os pobos de interior adoitan ser todos brancos. A “ruta dos pobos brancos” é dabondo coñecida a nivel nacional, atraendo a numerosos turistas que quedan marabillados polo curioso é que todas as casas estean pintadas de branco.

A cor branca destes pobos ten unha lóxica: reflectir ao máximo o sol para que quenten a casa o mínimo posible. Esta solución rudimentaria ha servido ao longo dos séculos, pero co aumento da temperatura global estas solucións, e as de aire acondicionado, xa non van valer e isto é algo que os científicos saben.

Grazas á procura de solucións, os científicos estiveron tentando desenvolver un material con “arrefriado radiativo diúrno pasivo”, é dicir, unha superficie que poida arrefriarse mentres reflicte a luz do sol. Para iso, este tipo de superficies deben reflectir de maneira moi alta a luz solar e tamén ter unha alta frecuencia de dispersión da calor.

E aínda que hai moitos investigadores que o tentaron, non foi ata que un equipo da Universidade de Columbia conseguiron desenvolver un recubrimiento PCDR exterior de alto rendemento. Trátase dun polímero poroso que dispersa e reflicte a luz solar debido ás diferenzas no índice de refracción entre os ocos de aire e o polímero circundante.

As probas que realizaron mostran que o polímero consegue rebaixar 6 graos no deserto cálido e árido de Arizona e 3 graos no ambiente húmido e tropical de Bangladesh. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.