Buscas un nome para a túa empresa? Brandhunt comproba dominios e contas de redes sociais

brandhunt

Cando creamos unha nova empresa ou proxecto, unha das discusións máis animadas adoita aparecer á hora de escoller o nome. Como nos identificamos ante os nosos posibles clientes usuarios é clave, polo que a elección non pode ser algo que se fai dun día para outro.

Á hora de escoller este nome adoitamos valorar temas como a sonoridade, o significado ou se existen empresas con nomes similares, pero algo que se nos pode escapar é a presenza na internet do nome escollido. Para que isto non nos volva a pasar, existe Brandhunt, unha páxina web especialmente deseñada para axudarnos nesta materia.

Que podemos facer con Brandhunt? Pois como o seu nome indica (“caza de marcas” en inglés), BrandHunt permítenos comprobar o estado do futuro nome da nosa empresa ou proxecto na internet. O seu funcionamento non pode ser máis intuitivo: introducimos o nome e a páxina comproba tanto os principais dominios da internet con ese nome, como as contas en redes sociais, dicíndonos se están ocupados ou dispoñibles para o seu uso.

Como engadido, BrandHunt permítenos engadir diferentes prefixos ao nome que escollamos, por se o noso ideario acabou nunha marca demasiado común. Desta maneira, grazas a BrandHunt, poderemos valorar con datos na man e con total seguridade a elección do nome para a nosa empresa ou proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.