ColaboraTIC.gal, o espazo que amosa a colaboración entre as tecnoloxías abertas e o tecido empresarial

AGASOL e Amtega organizan colaboraTIC.gal, unha xornada para difundir entre o sector empresarial o software libre e as posibilidades de colaboración e novas vías de financiamento para proxectos que empreguen tecnoloxías libres.

logo_colaboraticgal

O encontro terá lugar o 17 de xuño na Sala Eisenman da Cidade da Cultura e constará de dúas partes:

A primeira parte da xornada, “vén escoitar”, centrarase na difusión novos modelos de traballo entre o eido das tecnoloxías abertas e outros sectores empresariais

A segunda parte da xornada, “vén falar e intercambiar”, terá formato de speed-dating e está dirixido a empresas e profesionais con interese en coñecer e explorar novas vías de colaboración empresarial grazas ao software libre.

Vén escoitar

A xornada de mañá estará reservada para a celebración de diferentes mesas de experiencias na que se presentarán boas prácticas e casos de éxito de colaboración empresarial tratando temas como: as relacións cliente-proveedor, casos de éxito; cooperativismo e swl; modelos alternativos de financiamento de proxectos e modelos de colaboración empresariais e comunidade de swl.

A asistencia a esta parte é totalmente gratuíta e está aberta ao público en xeral previa inscrición, condicionada unicamente ao aforo dispoñible e pode realizarse a través do enlace: http://colaboratic.gal/

Vén falar e intercambiar

A xornada de tarde está reservada para o speed-dating de cara a favorecer encontros entre empresas centradas no software libre e outros eidos do tecido empresarial (industrial, deseño, agro-gandeiro, pesqueiro, etc).

Só poderán asistir ao speed-dating aquelas empresas/proxectos seleccionados de entre as solicitudes recibidas.
ColaboraTIC.gal é un espazo onde ver, escoitar e amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. O obxectivo é fomentar a participación e o pensamento lateral das empresas participantes para o seu impulso tecnolóxico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.