De quen é este número? As mellores webs para saber quen te chama

Recibir chamadas de números de teléfono que non coñecemos é habitual no noso día a día. Na maioría de ocasións estes números pertencen a axencias de  telemarketing que só queren ofrecernos produtos ou servizos a través do teléfono.

Que facer con estas chamadas? Moita xente opta por non contestar os números que non coñece, pero pode ocorrer que si que esteamos a esperar unha chamada dalgún número deste tipo e queremos filtralo dalgunha maneira.

Afortunadamente, en España é obrigatorio que as empresas dedicadas ao  telemarketing utilicen números públicos (nunca en privado), polo que na internet podemos atopar varias páxinas que nos din a quen pertence ese número que nos chamou. Estas base de datos non son sempre fiables xa que estes números cambian con moita frecuencia, pero en moitas ocasións pódennos axudar. Hoxe ensinamos as máis útiles:

ListaSpam

Esta páxina permite saber se un número ten denuncias asociadas e a quen pertence. O interesante desta páxina é que non necesita que nos rexistremos, permitíndonos facer a procura do teléfono nada máis entrar. Segundo eles, a súa base de datos permitiu identificar numerosas estafas telefónicas.

WhoCallsMe

Aínda que a páxina está en inglés,  Who Calls Me realizar procuras de teléfonos de todo o mundo. O funcionamento é idéntico, e tras colocar o número no buscador apareceranos a información ou teremos a opción de reportalo.

¿Quién me llama?

O deseño de ¿Quién me llama? é moi minimalista e ao entrar xa  vemos un gran buscador sobre o que colocar o número que queiramos consultar. Xusto debaixo aparecen historias relacionadas con estafas e teléfonos de  spam.

TelefonoSpam

Ademais do clásico buscador, na portada de  TelefonoSpam inclúese  incluse o  top de teléfonos buscados e o  top de teléfonos clasificados como  Spam (lista encabezada polo 11887).

Tamén podemos enviar denuncias, descubrir cales foron os teléfonos buscados e navegar por prefixos nacionais e internacionais.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.