O 6 de maio a Amtega e o CPEIG celebran una nova edición de Rapaciñ@s

Internet é un mundo inmenso e marabilloso, pero como todo ten os seus partes negativas. E é que se non sabemos ir polos sitios adecuados, en ocasións podémonos atopar con contido que non son os máis adecuados para segundo que persoas.

Un dos colectivos con máis risco son os nenos pequenos, os cales aínda que se manexan nas tecnoloxías como peixe na auga, necesitan instrucións para ter unha experiencia adecuada na rede. Para conseguir isto, a Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñeiros de Galicia (CPEIG) organizan unha nova edición de Rapaciñ@s: a rede ben segura.

“Rapaciñ@s: a rede ben segura” é un evento familiar que combina actividades para pais, nais e nenos ao redor da seguridade na internet e a creatividade coas novas tecnoloxías. A xornada será o 6 de maio, comezando ás 16:30 con obradoiros de róbotica, Sploder, Leigo e Makey Makey con Scratch, dirixidos a nenos entre 8 e 14 anos. Para a realización destes obradorios, é necesario levar computador e apuntarse a través desta ligazón.

De maneira paralela aos talleres, os pais e nais poderán asistir a unha charla impartida por David Calle, fundador de Unicoos e profesor elixido entre os TOP10 no Global Teacher Prize 2017. Este relatorio con título “Flipped classroom ou como darlle unha volta ás clases” comezará ás 17:30 horas e a súa asistencia será libre ata completar aforamento.

A iniciativa Rapaciñ@s non acaba o 6 de maio, senón que se complementará cun tour que comezará nos próximos días e durante varios meses percorrerá Galicia con charlas informativas a cargo dos colexiados e colexiadas do CPEIG.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.