Xa está aberta a inscrición no DICO Summit 2017 ¡non o perdas!

dicosummit2017

Os días 24 e 25 de xaneiro están marcados en vermello para os profesionais dedicados á creación de contidos dixitais. Celébrase o DICO Summit 2017, o primeiro encontro internacional sobre a industria dos contidos dixitais. E desde fai un par de días xa está aberta a inscrición, que se pode facer a través desta páxina web: http://dicosummit.comeventbrite.com/.

Este encontro promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia traerá á capital de Galicia multitude de actividades que virarán ao redor dos contidos dixitais. Neste primeiro encontro poderemos gozar de paneis e intervencións de entidades e profesionais de ámbito estatal e europeo, os cales ofrecerán a súa visión sobre os contidos e a transformación dixital, o novo concepto de televisión e as plataformas dixitais, os videoxogos e casos de éxito na economía dixital.

Á parte das charlas e relatorios, os asistentes ao DICO SUMMIT 2017 poderán coñecer nun Showroom as tecnoloxías que marcarán un antes e un despois nos contidos dixitais. Tamén haberá un espazo de Networking, no que empresas e profesionais poderán coñecerse e fomentar todo tipo de relacións e acordos entre eles. Ademais, dentro da celebración do DICO SUMMIT 2017 haberá un concurso de ideas, no que se impulsará o talento local buscando ideas novas relacionadas co mundo dos contidos dixitais.

Se eres profesional da xeración de contidos e queres inscribirte, faino canto antes xa que as prazas son limitadas. A inscrición faise a través desta web e é totalmente gratuita, podendo inscribirte para un dos dous días ou para o evento completo. ¡Vémonos alí!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.