Normas de participación no blog e aviso legal

  • O espazo XENTE DIXITAL ten como obxectivo difundir e compartir coñecementos e consellos prácticos sobre tecnoloxía con toda a poboación.
  • Este blog é un foro moderado. Está aberto (e invitámosvos) á participación, pero as mensaxes revisaranse de maneira periódica.
  • É recomendable que os usuarios do blog se identifiquen co seu nome e enderezo electrónico no momento de realizar un comentario. Respeta as regras de etiqueta en Internet: especialmente procura axustarte ao asunto tratado e evita as maiúsculas. Lembra que es responsable de todo o que dis na rede igual ca en calquera outro lugar.
  • Para facilitar unha boa comprensión das mensaxes, recoméndase non escribir en maiúsculas, e en internet considérase berrar a un texto escrito en maiúsculas. Non nos gusta que a xente fale a berros.
  • Os usuarios serán en todo momento responsables dos seus comentarios. Xente Dixital non se fai responsable das opinións verquidas polos usuarios. En caso de que alguén se sinta ofendido por algún comentario ou o considere inapropiado, pode solicitar a súa eliminación a través do formulario de contacto do blog.
  • Os usuarios deberán respetar os copyrights e as disposicións legais sobre revelación de datos.
  • En ningún caso se permitirán insultos, mensaxes racistas, sexistas, que fomenten a violencia nin semellantes, nin ningún outro penado polas leis españolas. Tampouco se tolerarán, en ningún caso, sexa cal sexa o seu fin, os intentos de suplantar a identidade de terceiras persoas nin a publicación de datos de contacto privados.
  • O spam de páxinas alleas ao sitio está prohibido salvo que o autor teña dado o seu consentimento. Esto non quere dicir que se prohíban os enlaces externos, senón que se valorarán os que sexan útiles e teñan algunha relación co tema tratado.
  • Los comentarios dos usuarios non serán en ningún caso utilizados con fins comerciais ou publicitarios. Non obstante, todo participante acepta que a organización poida utilizar e dar difusión, a nivel informativo, aos comentarios que realiza neste espazo on line.
  • Non serán publicados aqueles comentarios que non garden relación co artigo ao que fan referencia.
  • Non se aceptarán mensaxes que conteñan spam ou enlaces publicitarios. Buscamos mensaxes educadas e comedidas para un intercambio de opinións moderado e con sentido, de modo que non se permitirán os ataques persoais nin as mensaxes non relacionadas coa conversa.
  • Xente Dixital resérvase o dereito a cambiar as normas de participación no blog cando o consideren oportuno.
  • A organización e o equipo de moderadores do blog resérvanse o dereito de editar os textos e incluso eliminar os comentarios que non respecten estas normas de participación.
  • Calquera cuestión relativa a estas ou otras normas poden ser notificadas a través do formulario de contacto desta web.
  • Sobre este sitio web rixe o establecido no aviso legal da Xunta  http://imit.xunta.es/portal/aviso_legal.html