700 aliados dixitais para unha Galicia en rede

A colaboración de voluntarios, empresas tecnolóxicas e entidades e asociacións de acción voluntaria resulta fundamental para conseguir a plena dixitalización de Galicia. Nun contexto de grandes cambios e oportunidades ningún galego nin galega debería perder  as oportunidades que brinda a dixitalización.

A Xunta rendeu homenaxe aos actuais aliados dixitais que adican o seu tempo e coñecementos para que todos os galegos saiban empregar internet e lembrou que o proceso de adhesión ao Plan de Inclusión dixital de Galicia 2020 segue aberto. As áreas nas que os 700 colaboradores participan e poñen todo o seu saber facer son tres: a alfabetización dixital, a capacitación dixital e a innovación social dixital en Galicia.

Algúns fitos acadados na dixitalización de Galicia

A suma dos recursos públicos e a colaboración altruísta de voluntarios, entidades e mecenas conseguiu que Galicia sexa hoxe máis dixital:

Nos últimos anos, a porcentaxe de poboación que emprega internet incrementouse nun 40%, e tres de cada catro fogares teñen internet de banda larga. A Comunidade galega ocupa o terceiro posto na clasificación de comunidades que interactúan coas administracións públicas a través de internet.

E no sector privado, as empresas de máis de dez traballadores incrementaron en cinco puntos as vendas en internet e duplicouse a porcentaxe das microempresas que fan uso do comercio electrónico.

Obxectivos

Aínda que se avanzou, desde a Xunta recoñecen que é preciso seguir traballando conxuntamente para  conseguir os obxetivos que formula o Plan de Inclusión Dixital de Galicia;

  • Que todos os galegos teñan unhas habilidades básicas para achegarse a tecnoloxía.
  • Facilitar a adaptación de profesións tradicionais ao contexto dixital.
  • Aproveitar o nicho de emprego derivado das novas profesións dixitais que xorden ao abeiro das novas tendencias tecnolóxicas.
  • E facilitar coa tecnoloxía a resolucións de desafíos locais a través de modelos participativos para potenciar as capacidades e habilidades das persoas para aproveitar todo o potencial e oportunidades da tecnoloxía.

Queres ser un dos novos “aliados dixitais”? Explicámosche como

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.