A Amtega vén de seleccionar os 9 centros da rede CeMIT que participan na segunda edición do proxecto de Innovación Social Dixital, CeMIT-Innova, unha das iniciativas do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020.
Os Concellos e aulas CeMIT de Ares, A Bola, Celanova, Cuntis, Oroso, Mos, Ourense (A Molinera), Pontedeume e Santiago de Compostela, desenvolverán, ao longo do ano, diferentes iniciativas de base tecnolóxica, en colaboración con axentes locais, para dar resposta a retos e necesidades da súa contorna máis próxima a través da tecnoloxía.
As iniciativas seleccionadas buscan dar resposta á necesidades ou demandas locais. Velaquí van o os proxectos seleccionados.
Aula CeMIT de Ares
Co seu proxecto Ares GNU, busca mellorar o acceso e os coñecementos tecnolóxicos dos veciños do concello, a través da difusión, utilización e desenvolvemento do software libre en diversas actividades como un ciber encontro, o mapeado da cidade ou o desenvolvemento dunha aplicación móbil de servizos da aula.
Aula CeMIT de Pontedeume
O proxecto That´s Pontedeume. Come Here!! impulsará o envellecemento activo e o coñecemento da lingua inglesa, a través de unidades didácticas culturais sobre o patrimonio e a historia local. Todo iso utilizando Internet como medio de aprendizaxe.
Aula CeMIT de Oroso
Porá en marcha a Plataforma de e-commerce local, co obxectivo de crear un directorio de negocios, empresas e profesionais, cun comparador de produtos de consumo ou servizos locais, para promover economicamente o tecido empresarial con esta plataforma web que unirá oferta e demanda.
Aula CeMIT de Santiago de Compostela
Co seu proxecto Anel de coñecemento, unha plataforma online de contidos e servizos dixitais para o emprego, traballará a promoción da empregabilidade a través da intermediación, selección e adecuación profesional.
Aula CeMIT de Mos
A través do proxecto InnovaTIC Mos, proponse favorecer o acceso ao emprego a través de diversos servizos dixitais, así como favorecer a visibilización das entidades asociativas, mediante a súa participación en redes sociais.
Aula CeMIT de Cuntis
Traballará a través das TIC para favorecer a igualdade de oportunidades de persoas con necesidades especiais, dirixido á intervención socioeducativa co alumnado coas devanditas necesidades por motivos de discapacidade.
Aula CeMIT de Ourense
Desde Ourense para o mundo é o nome da rede de networking e inclusión laboral, que se vai desenvolver en La Molinera para a procura de oportunidades entre mozas con talento que se marchan ao estranxeiro e os emigrantes descendentes de españois que están noutros países e queiran volver.
Aula CeMIT de Celanova
Propón mellorar a accesibilidade da cidadanía á información e aos servizos municipais, a través dunha aplicación de dinamización cultural, empresarial e social APP Local.
Aula CeMIT da Bola
O proxecto Teatro Dixital histórico-cultural, busca a promoción turística do concello a través da creación dunha canle de vídeo na internet, dirixido a difundir as súas actividades culturais.
Buena iniciativa! La tecnología se debe convertir en la base de nuestro crecimiento, hay que adoptar todas las medidas necesarias para incrementar la productividad de todos nuestros rescursos productivos, ya sean públicos o privados. Esta es la buena senda a tomar para lorgrar el difícil desafío de levantar este país.
Saludos!!