Actividades no CDTIC que comezan en marzo

Achegámonos ao Centro Demostrador Tic par coñecer as actividades máis interesantes que se celebran no mes de marzo. Bótalle un ollo e inscríbete. Xa sabes que as prazas voan!

cdtic

Administra os teus proxectos e os teus clientes grazas a Odoo (8 de marzo)

Xestión práctica das vendas dunha empresa comercial: Odoo vendas (15 de marzo)

OdooERP permite a xestión integrada e completa en contornos globais (diferentes divisas, numerosos idiomas, contorno multicompañía) da xestión da parte comercial (CRM), administrativa (contabilidade, vendas, facturación) e a xestión dos proxectos internos/externos da empresa (asignación de tarefas e recursos, tempos e custos), coas vantaxes dunha aplicación de software libre (alta personalización e adaptación aos factores propios de cada empresa).

Dirixido a: empresas de servizos en xeral (multiservizos, TIC, consultorías tanto con orientación técnica como financeira, comunicacións etc.) interesadas en mellorar o tratamento dos datos xerados ao longo da súa actividade empresarial, co fin de mellorar a súa xestión diaria.

Queres crear unha web? Comeza con WordPress! (10 marzo)

Este obradoiro de carácter práctico vai enfocado a que os participantes adquiran os coñecementos básicos para comezar a realizar o seu propio blog ou web, a través do software libre WordPress, coa finalidade de mellorar a comunicación da súa empresa/entidade e aumentar a súa visibilidade, tanto a través da mellora do posicionamento como abrindo novas canles de comunicación.

Dirixido a: profesionais TIC, responsables da xestión web das empresas, autónomos etc. que estean interesados en coñecer as diferentes estratexias, técnicas e ferramentas web 2.0 para mellorar a súa comunicación e aumentar a súa visibilidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.