“Agora máis que nunca” Crowdfunding dende a Cruz Vermella

Nas pasadas xornadas de Redes Sociais, o Crowdfunding ocupou un lugar especial no peche do curso promovido polo programa Voluntariado Dixital, onde se presentou unha curiosa iniciativa da Cruz Vermella. Queres saber de qué se trata? Pois le, porque esto é o que nos contaron eles sobre o proxecto de microfinanciación colectiva “Agora máis que nunca

En que consiste a iniciativa agoramaisquenunca.org?

Trátase dun espazo solidario que ten como obxectivo axudar ás persoas afectadas pola crise. O lema é “O teu apoio é necesario”. Na sección que denominamos RETOS, se presentan proxectos cunha persoa detrás que necesita algo que mellorará a súa calidade de vida e tratase de conseguilo mediante pequenas aportacións de moitas persoas. Na sección de NECESIDADES, se presentan peticións de cousas que alguén necesita e que outras persoas teñen pero que non utilizan, esta parte está dirixida a posibilitar que a poboación poida cubrir esas necesidades doando esas cousas.

O novedoso deste sistema é que os casos que se presentan nesta plataforma son detectados e valorados polos equipos de Cruz Vermella ou ben por outras entidades coas que estamos a traballar ou polos equipos de traballo social das administracións públicas. Buscamos non so a xenerosidade das persoas, senón tamén facer comprender que a solidariedade está en dar o que se precisa en cada momento a quen o necesita, non en dar o sobrante. É importante subliñar que a web non sería posible sen unha subvención da Xunta de Galicia.

Como pode participar a xente da vosa iniciativa?

Hai duas vías principais para colaborar:

  • Facendo aportacións económicas no caso dos retos, non hai cantidades grandes nin pequenas, todas son importantes e todas van sumando para financiar os proxectos. As aportacións se realizan, con total transparencia, a través dunha plataforma de pago electrónico totalmente segura.
  • Aportando cousas que alguén necesita e que outras persoas teñen pero que xa non empregan. Algúns dos bens máis solicitados son productos infantís como berces ou carriños e tamén solicitanse electrodomésticos como lavadoras ou neveiras.

Por que apostades polo crowdfunding?

Cruz Vermella é consciente de que hai moitos xeitos de colaborar e decidiu apostar polo poder das novas tecnoloxías, de internet e das redes sociais para poñer ao alcance da poboación unha nova fórmula, que contribúa a mellorar a situación das persoas que están a pasar unha situación de dificultade na comunidade galega.

Ademais este sistema permite que as persoas coñezan os diversos casos que hai e que decidan con cal poden ou queren colaborar xa que todos son casos reais de familias con poucos recursos que viven en Galicia e iso fai que se vexan como próximos e cercanos.

Que obxectivos vos marcades con esta iniciativa?

Por enriba de todo, axudar as persoas que atravesan una situación complexa por mor da crise. Concretamente en Galicia, Cruz Vermella está a poñer en marcha diferentes accións -entre as que está a nova web- cuxo obxectivo final é atender a 15.000 persoas máis. Todas elas se enmarcan dentro do chamamento de axuda “Agora + que nunca”, lanzado pola Institución para atender a máis persoas en situación de extrema vulnerabilidade (familias con todos os seus membros no paro, nenos que viven en fogares pobres, persoas maiores con cargas familiares, persoas paradas en desemprego de longa duración, persoas sen fogar ou mozos no paro).

Esta web gustaríanos que servise para atender as crecentes necesidades das persoas que atendemos a través dunha ferramenta unificada de captación de recursos. Por outra banda este website axúdanos a construir coas entidades do entorno, tanto públicas como privadas, unha rede de recursos dispoñibles e apoiar seu traballo coordinado. Ademáis permitenos a colaboración empresarial na medida das posibilidades de cada empresa explorando novas fórmulas de traballo conxunto como poden ser donacións de productos, voluntariado corporativo, colaboración cos nosos proxectos de emprego.

Tedes algunha anécdota curiosa con respecto a algún dos retos marcados na web?

O que non nos deixa de sorprender cada día é a solidariedade e compromiso da xente e as ganas que teñen de facer algo polos demais. Nada máis por en marcha o website, acadamos o primeiro reto en tan so tres días a pesares de non ser aínda moi coñecido.

Outra anécdota curiosa foi que conseguimos, tamén en apenas dous días, un carriño especial para xemelgos, unha necesidade moi específica e de moi difícil cobertura.

¿Cal é o balance ata agora desta iniciativa?

Nos cinco meses que xa pasaron desde a posta en marcha da website, que foi a finales de xaneiro deste ano, superamos con éxito os catro retos propostos:

  • Unha cama articulada para unha persoa con dano cerebral e problemas de mobilidade de Vigo,
  • Uns audífonos para unha persoa maior con graves problemas de audición e con dous netos da zona de Carballo
  • Mobiliario e electrodomésticos básicos para dúas familias sen recursos, unha de Burela e outra de A Gudiña.

Xuntos sumarían uns 5.000 euros. Polo de agora, dos bens solicitados a través da web, en total 215 en toda Galicia, conseguimos máis da metade.

Polo tanto, facemos un balance positivo e esperamos que a plataforma cada vez sexa máis coñecida e que cada vez máis persoas canalicen a súa solidariedade a través da mesma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.