Autenticación en dous pasos. Coida a túa seguridade na rede

A aposta pola seguridade na rede pasa por contrasinais seguros, pero iso non é suficiente. A autenticación en dous pasos ou autenticación de dous factores é unha mellora interesante para ter en conta.

autenticaoin2pasos

A autenticación en dous pasos basease nun principio moi simple: combinar dous factores:

  • algo que só ti sabes (o teu contrasinal)
  • “algo que  ti tes” (o teu teléfono). Esta opción tamén se pode substituír por “algo que  ti es” (como, por exemplo, algunha parte do teu corpo; un rexistro biométrico como a túa pegada dactilar ou o iris do teu ollo).

Dentro do factor “que ti tes” tamén hai moitas alternativas. Pode ser unha chave usb (recomendable se son servizos a empregar en computador), poden ser mensaxes ao teu teléfono móbil (o máis habitual, aínda que tamén hai opción de chamada de voz) ou códigos que se xeran a través dunha aplicación. Neste último caso, Google Authenticator é unha excelente alternativa.

Desta maneira, conectarse a un servizo na rede é máis seguro. Empregar unha autenticación dun so factor (contrasinal) pode provocar a perda de datos se nos rouban o contrasinal, mentres que se para conectarte a ese servizo precisas o contrasinal e un código que chega ao teu teléfono, é moito máis difícil que os teus datos se vexan comprometidos.

Autenticación de dous factores na Xunta

Sabías que na Xunta tamén se emprega a autenticación en dous pasos? Emprégase en Chave365.

Este sistema permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal (algo que só ti sabes) e asina de xeito electrónico cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil (algo que só ti tes).

image_gallery

Servizos que empregan a autenticación de dous factores

O primeiro servizo que deberías asegurar é o teu correo electrónico. Por que? Porque co correo tamén te rexistras noutros servizos como redes sociais, así que todos son, dalgunha maneira, subsidiarios do correo. Velaquí algúns servizos onde podes empregar a autenticación de dous factores:

3 comentarios

  1. Pingback: Guía práctica | Emprega a autenticación en dous pasos en Gmail - Xente Dixital

  2. Pingback: Guía práctica | emprega a autenticación en dous pasos en Gmail (2º Parte) - Xente Dixital

  3. Pingback: Contrasinais: como xestionalas e facer que sexan seguras - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.