Axenda Dixital de Galicia 2014 .gal: sector TIC e infraestruturas

crowdworking_cidadedacultura

Galicia Open Future terá a súa sede no centro de crowdworking “O Gaiás”.

Esta semana botamos un ollo ao Balance 2009-2013 da Axenda Dixital da Xunta de Galicia, elaborado pola Amtega. Os obxectivos eran a modernización tecnolóxica da administración e dos servizos púbicos, a capacitación dixital da poboación, o impulso do sector TIC e a mellora das infraestruturas de telecomunicacións.

O sector tecnolóxico

Cómpre destacar o Pacto Dixital asinado no 2013 entre a Xunta, 12 empresas de ámbito rexional, nacional e multinacional, e o Clúster TIC galego, para cooperar no desenvolvemento tecnolóxico de Galicia. Produto dese pacto é a posta en marcha de Galicia Open Future, un centro de emprendemento TIC na Cidade da Cultura do que vos volveremos a falar mañá.

Outro exemplo das actuacións no sector tecnolóxico é o Programa Transformatic, sobre o que escribiamos hai uns días en Xente Dixital. O obxectivo é fomentar o emprendemento dixital e fortalecer o sector TIC galego. Participan a Xunta, as tres universidades galegas, o Clúster TIC e os centros tecnolóxicos dedicados ás tecnoloxías da información e a comuncación.

Infraestruturas de telecomunicacións

En Xente Dixital dedicamos máis dun post ao Plan de Banda Larga. Facilitouse o acceso á rede a máis de 700.000 persoas que carecían deste servizo e chegouse ao 97% da poboación. Por outra banda, abríronse convocatorias de axudas para conectarse a internet vía satélite nas zonas máis illadas de Galicia.

Por último, o ano pasado empezaba a despregarse a nova Rede Dixital de Emerxencias de Galicia que entrará en funcionamento no 2015.

O mércores atenderemos ás actuacións da Axenda Dixital na administración, en sanidade, educación e xustiza, e ás medidas dirixidas á cidadanía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.