Charlas sobre consumo responsable nas aulas CEMIT

O Instituto Galego de Consumo, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pon en marcha en marzo un ciclo de charlas informativas dentro do programa CORES de Educación para o Consumo Responsable, que se retransmitirán por videoconferencia en vinte aulas da rede CeMIT.

Son catro sesións que comezarán o luns 7 de marzo e se celebrarán os primeiros luns de cada mes ata xuño. Cunha duración aproximada de hora e media están orientadas ao público en xeral e abordarán temas de actualidade como a resolución de conflitos de consumo, a linguaxe publicitaria, a etiquetaxe dos alimentos ou o consumo responsable e o comercio xusto.

Para facilitar a divulgación desta iniciativa e chegar ao maior número de persoas interesadas, estas actividades emitiranse desde a Escola Galega de Consumo a vinte localidades de Galicia que contan con aula da rede CeMIT a través do sistema de videoconferencia en sesións de mañá e tarde.*
As charlas e a súa programación son as seguintes

  • Luns, 7 de marzo: “Resolución de conflictos en consumo”
  • Luns, 4 de abril “Linguaxe publicitaria e publicidade ilícita”
  • Luns, 2 de maio “Etiquetaxe e alimentos funcionais”
  • Luns, 6 de xuño “Consumo responsable e comercio xusto”

Consulta na web da AMTEGA as aulas CEMIT que retransmiten por videoconferencia as charlas

O único requisito para poder asistir a estas charlas gratuítas e abertas ao público en xeral é ser usuario da rede CeMIT e solicitar praza na localidade de interese, estando aberta a inscrición nas mesmas na web http://cemit.xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.