Esta semana chega ao seu fin o curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia. Hoxe e mañá pecharase este programa formativo con dúas xornadas sobre o crowdfunding, unha forma de financiamento online que permite, tanto a usuarios individuais coma a organizacións, promover proxectos, accións e actividades específicas grazas a pequenas contribucións por parte dunha masa distribuída de financiadores.
As xornadas son gratuítas, e se non podes asistir de maneira presencial ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, podes facelo a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo.
Tes conta en Twitter? pois tamén podes seguir os comentarios das xornadas a través do hashtag #socialmaisTIC.
Interésache o Crowdfunding? Pois a semana que ven publicaremos unha información que che ha de parecer aínda máis interesante. Pásate por aquí!