Cursos nas aulas Cemit que se celebran en maio

Propuxécheste adquirir competencias informáticas antes de comezar o verán? Aínda estás a tempo, mira os cursos que es dispoñibles nas aulas Cemit.

banner_cemit¿Que podo facer na Internet? SERVIZOS NA NUBE (Poio, inicio 12 de maio). A Nube é o seguinte paso no uso de aplicacións e servizos, que funcionan de xeito completamente online, sen necesidade de ter instalado ningún programa no ordenador. Basta con acceder ao servizo por Internet e xa poderemos traballar e compartir documentos e arquivos directamente na nube. No curso explicarase que é a nube, como funciona e as aplicacións e servizos gratuítos máis estendidos. Requírense coñecementos básicos de ordenador.

Edición de imaxes con GIMP (As Pontes, inicio o 16 de maio. Tamén dispoñible en Oroso, Cuntis e Celanova ) Transmitida por videoconferencia dende As Pontes // O obxectivo desta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Crea o teu CV (Mugardos, inicio o 18 de maio). Neste curso aprenderás todo o que se necesita saber para elaborar un CV e adaptalo ás diferentes candidaturas.

Curso de Internet Básico (Vigo, inicio o 18 de maio, tamén dispoñible en O Porriño) Capacitación á cidadanía no uso de motores de busca de información na internet.

Elaboración de presentacións 1 (Iniciación. Sada, inicio o 23 de maio). Neste curso os usuarios aprenderán a: I. Familiarizarse co termo computación na nube, coñecer e identificar as súas vantaxes, inconvenientes e particularidades. II. Identificar as aplicacións que integran o paquete Google Apps e para que serve cada unha delas. III. Xestionar os correos electrónicos e contactos a través de Gmail. IV. Utilizar Google Calendar para a xestión de citas e eventos. V. Coñecer as ferramentas ofimáticas incluídas en Google Docs.

Redes sociais (Vilasantar, inicio o 23 de maio)

Google Apps (Verín, inicio o 23 de maio). Coñecer todas as posibilidades que ofrecen as aplicacións de Google que ofrece de balde, tanto a nivel persoal como profesional.

Informática para nenos (10-12 anos): Comic (Ames, inicio 23 de maio). Inicio básico no uso dun ordenador dirixido a menores. Adaptación dos métodos pedagóxicos para os nenos e nenas. O curso para nenos de todas as idades comeza o 26 de maio.

Folla de cálculo (básico) (Mugardos, inicio 25 de maio).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.