Guía práctica | Claves para crear contido viral na rede

redessociais

Se o xoves pasado compartiamos 5 consellos para escribir para internet, hoxe dámosvos algúns consellos para conseguir que ese contido sexa viral, que o comparta o maior número posible de usuarios.

  • Actualidade. Se tedes un blog sobre novas tecnoloxías, por exemplo, na lista de temas sobre os que escribir deberían estar: a internet das cousas, a tecnoloxía 5G, o canon AEDE, etc. Compartir información (e, se pode ser, información orixinal) sobre temas de actualidade axuda a que os usuarios compartan o contido que creades.
  • Tendencias. De que se fala no sector ao que pertence a vosa empresa? Existen aplicacións como Buzzsumo ou Tribalytics que poden axudarnos a saber de que se fala ou cal é o contido máis compartido respecto a un tema. Tamén podemos empregar métodos máis sinxelos como facer un seguemento das tendencias en Twitter ou empregar as listas de intereses en Facebook.
  • Contidos. Máis alá dos temas escollidos, para conseguir que se compartan os posts publicados convén empregar un estilo e un tono humorísiticos (sempre que sexa posible) ou espertar a curiosidade dos seguidores en redes sociais aos que invitamos a facer clic para reproducir un vídeo ou a descubrir unha información que lles interesa.
  • Monitorizar. Con Google Analytics podemos saber que publicacións conseguiron máis visitas. Facebook e Twitter tamén nos dan estatísticas que nos indican cal é o contido que máis lles interesa aos nosos seguidores en redes sociais. É fundamental saber que contido interesa para optimizar a estratexia de contidos e chegar a máis usuarios.
  • Formatos. Cando se publica nun blog persoal ou profesional sobre un tema necesítase unha estratexia de contidos cunha lista de temas e respectar certas rutinas que van a axudar a que o contido publicado se convirta en viral. Xa falamos do tono que debemos empregar, por exemplo. Pero ademais de tono e contidos, debemos usar distintos formatos de publicación. Cando actualizamos unha páxina de Facebook debemos alternar ligazóns, fotos, vídeos, concursos, etc. Algo parecido ocorre cando se actualiza o blog corporativo. É unha boa maneira de fidelizar aos seguidores da marca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.