Guía práctica | Como crear contrasinais seguros

password

Foto culturainquieta.com

Sempre vos recomendamos que escollades contrasinais seguros para acceder ao correo electrónico ou aos perfís de redes sociais. Google danos algúns consellos interesantes para manter a nosa conta protexida:

  • Un contrasinal para cada conta importante. Debemos usar un para a conta de correo e outro para acceder á área persoal do banco, por exemplo. Se alguén descubre como entrar no noso correo que, polo menos, non poida facer unha transferencia ou un pago no noso nome.
  • Cambiar o contrasinal a miúdo. Un usuario podería acceder á nosa conta sen que nos deamos conta. Cambiándoa periodicamente limitamos este tipo de acceso non autorizado.
  • Combinar letras, números e símbolos. Se usades unha combinación de números, símbolos e maiúsculas e minúsculas, será moito máis difícil descubrir o voso contrasinal. Un contrasinal de oito caracteres con números, símbolos e letras maiúsculas e minúsculas ten máis de 30.000 combinacións posibles e é máis complicado de adivinar que un composto por 8 letras en minúscula, por exemplo.
  • Prohibidas as palabras comúns e a información persoal. Non podemos usar palabras como “contrasinal”, patróns de teclado como “qwerty” ou secuencias tipo “abcd1234”. Escollede un nome ou unha frase que vos resulte familiar e insertade números e combinade maiúsculas e minúsculas. Exemplo: X3Nt3D1X1TaL.
  • Revisar as opcións da copia de seguridade do contrasinal. Referímonos a revisar e actualizar a conta de correo electrónico alternativa ou a engadir un número de teléfono no que recibir os códigos de restablecemento do contrasinal. Algúns sitios ofrecen a posibilidade (recomendable) de responder a unha pregunta de seguridade. Contestade algo que só vós coñezades e que non publicastes nun blog ou nunha rede social.
  • Manter os contrasinais a salvo. Non peguedes un post-it cos contrasinais nunha esquina da pantalla do ordenador. Calquera pode velos e acceder ás vosas contas. Se creades un arquivo no ordenador con esta información non lle poñades o nome de “contrasinais”. Para os que vos custe administrar e gardar esta información, adicaremos outra guía práctica aos administradores de contrasinais. Se optades por este servizo, adicade 5 minutos a ler opinións e a coñecer a súa reputación.

2 comentarios

  1. Luis Villaverde

    Combinar letras, números e símbolos….. os delincuentes non saben se vas usar letras, maiúsculas ou símbolos, polo que é moito máis importante que o contrasinal sexa LONGO… e lembrable.
    E hai que lembrar que a mente humana non ten capacidae para lembrar símbolos e cousas sen sentido.

    Polo tanto é MÁIS SEGURO poñer un contrasinal do tipo: APaellaDoRestauranteDoLadoValeume65euros
    Que poñer un contrasinal do tipo: asdkji3242!”·$!%&!asdkfasd

    Primeiro pola lonxitude do mesmo e segundo porque o usuario vaille ser moito máis sinxelo lembralo e non andará pegado por aí en notiñas amerelas diante da pantalla do ordenador que calquera poder atopar.

    Tamén hai estudos que din que iso de forzar aos usuarios a cambiar o contrasinal cada x tempo fai que ao final relaxen a seguridade porque non son capaces de lembrar e anotan en papeliños, XUSTO O QUE NON QUERIAMOS.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.