Guía práctica | Como crear un plan de social media

social-media-419944_640

Levamos moitas guías prácticas falándovos de xestión de redes sociais e aínda non vos contamos como crear un plan de social media, o paso previo á xestión da comunicación da vosa empresa na rede a través de páxinas web, blogs e redes sociais.

Que pasos temos que dar para crear un plan de social media? Que non vos enganen con grandes documentos de difícil comprensión nos que poñen o nome da vosa empresa no lugar doutra calquera. Trátase de responder unhas preguntas sinxelas e de respectar o plan cando actualicemos o blog e as redes sociais.

  • Definir os obxectivos. Realizables e limitados no tempo. Queredes visibilizar a empresa na rede? Aumentar o número de ventas? Definiremos as ferramentas a usar e as accións que imos desenvolver en función dos obxectivos.
  • Cal é a situación de partida? A empresa xa ten presenza na rede? Que opinan os usuarios? Temos que facer unha análise web sobre a empresa e a súa competencia antes de desenvolver a comunicación da marca.
  • Deseñar o plan. Escollemos onde desenvolver a comunicación da empresa: blog e selección de redes sociais. Ademais cómpre definir as accións complementarias, que ferramentas imos usar, etc.
  • A estratexia de contidos. Lista de temas que imos tratar en blog e redes sociais, campañas que se van a desenvolver (Nadal e San Valentín se temos unha tenda en liña, por exemplo), calendario con datas importantes a ter en conta, etc.
  • Protocolo de prevención e xestión de crises. Antes de nada temos que idenficar debilidades e preparar unha lista de posibles respostas. Pronto compartiremos unha guía práctica sobre este tema.
  • Medir e analizar. Google Analytics, Hootsuite, as estatísticas de Facebook e Twitter…, sérvennos para saber quen nos segue ou se funcionan os contidos que compartimos. Cómpre escoitar para redefinir e mellorar a estratexia de comunicación.

Seguiremos compartindo con vós claves para xestionar a comunicación da vosa marca na rede. Sobre que temas vos gustaría que vos falaramos?

2 comentarios

  1. Pingback: Guía práctica | Cales son as funcións dun community manager? - Xente Dixital

  2. Pingback: Guía práctica | Cales son as funcións dun community manager? - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.