Guía práctica | Crear un blog en Tumblr

Tumblr

Xa vimos como crear un blog en Blogger e en WordPress. Antes de decidirvos por algunha destas dúas opcións preguntádevos se a plataforma que estades a buscar non é Tumblr. Hoxe repasamos os pasos que tendes que dar para crear un post en Tumblr. Na seguinte guía práctica atreverémonos a publicar algún post e resolveremos algunhas dúbidas importantes.

Crear o blog

Como case sempre, o primeir paso é introducir un enderezo de correo electrónico válido e un contrasinal. Tamén tendes que escoller un nome de usuario. Antes de empezar a traballar en Tumblr deberedes verificar o voso correo facendo clic na ligazón do correo que acaba de chegar á vosa bandexa de entrada. Como eles mesmos din, “só te separan 30 segundos de Tumblr”.

O panel de configuración

Buscade a roda dentada do escritorio ou empregade a URL tumblr.com/settings. Podedes cambiar a información de perfil, enlazar ás vosas contas de Facebook e Twitter (Tumblr é unha plataforma para crear microblogs sociais) e incluso obter un enderezo de correo para publicar a través do correo electrónico.

Un blog personalizable

Tumblr_personalizarSe optades por un blog en Tumblr, será sinxelo e moi visual. Pero podedes facer clic en personalizar e escoller un tema, cambiar nome ou descrición, axustar as cores do fondo e das ligazóns, etc.

Dentro dunha semana entraremos no blog e faremos a primeira publicación. Atoparédesvos cunha plataforma moi distinta pero sinxela e efectiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.