Navegantes en la Red: Que facemos en internet?

Navegantes-en-la-red

A principios de marzo a AIMC (Asociación para a investigación de medios de comunicación) presentaba a última edición da enquisa Navegantes en la Red. 20.900 respostas válidas que desvelan os hábitos e opinións sobre internet en España. A sondaxe faise a usuarios que responden voluntariamente a través de máis de 200 sitios web.

Na rede…, máis televisión

Sabiades que o 72% dos usuarios están conectados á rede mentres ven a televisión? Cando se fan simultaneamente as dúas actividades a atención adoita fixarse no que se fai en internet (40,3%). Chama a atención que un 38,2% de internautas usa algunha aplicación no seu móbil ou na tablet que está relacionada coa televisión.

Tamén medra o consumo de televisión a través dos dispositivos móbiles; un 31,5% de usuarios viran a TV no móbil nos 30 días anteriores á enquisa.

En internet opinamos sobre actualidade e cine

No mes anterior á enquisa, o 17% dos internautas fixo algún comentario sobre un programa de televisión que estaba vendo nese momento. Os comentarios facémolos, nesta orde, a través de móbiles, portátiles e tablets. As canles que empregamos son as redes sociais (79,3%) e a mensaxería instantánea (Whatsapp; 30,6%).

Gústanos comentar novas ou informativos (42,3%), películas (40,3%), tertulias ou entrevistas (35,6%), series (34,5%) e retransmisións deportivas (30,1%).

O móbil segue a ser o rei dos dispositivos

9 de cada 10 usamos o móbil para conectarnos. Facémolo ademais varias veces ao día para consultar o correo, comunicarnos a través de Whatsapp ou outros servizos de mensaxería instantánea, conectarnos ás redes sociais, ver vídeos online, etc.

Pola súa parte, a tablet segue gañando adeptos e xa a usan o 54,7% dos usuarios. Úsase para navegar, consultar o correo, ver vídeos online, ler novas e acceder a redes sociais.

Por último, xa hai un 21,2% de persoas que se conectan a través da televisión. Facémolo para visualizar contidos audiovisuais online (84,9%) ou mentres usamos a videoconsola (13,2%).

As redes sociais están estancadas

Cómpre estar atentos á evolución dos datos de uso das redes sociais. Usámolas a diario o 75,2% (datos moi similares aos do 2013). A máis usada segue a ser Facebook (88,8% dos que usaron as redes sociais no último mes), seguida de Twitter (47,1%) e Google+ (37%). Medran notablemente outras opcións como LinkedIn e Instagram.

Dende que dispositivos vos conectades á rede? Para que? Coincidides cos resultados da enquisa? Deixádenos a vosa opinión nun comentario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.