Que é o cloud computing?

cloud computing

Imaxe queescloudcompuntig.com

Dende a web queescloudcomputing.com definen cloud computing ou computación na nube como a “práctica que consiste en empregar unha rede de servidores remotos aloxados en Internet para almacenar, xestionar e procesar os datos, en lugar dun servidor local ou un ordenador persoal”. Na práctica tradúcese na posibilidade de ofrecer servizos a través de Internet.

Iaas, Saas, centro de datos, nube privada ou nube pública son algúns conceptos básicos dos que escoitaremos falar cada vez máis:

IaaS. Xa non é necesario mercar e instalar servidores. Iaas é o acrónimo en inglés de Infraestrutura como servizo; as empresas dispoñen dun servidor na nube a un custo reducido e sen necesidade de mantemento.

SaaS. Tradicionalmente mércase unha licenza de software por usuario que implica mercar melloras para asegurar a compatibilidade do software coas normas da industria. Co modelo Software como Servizo (SaaS) ofrécese un modelo de suscripción mensual que permite recibir as actualizacións sen que supoñan un custo adicional.

Centro de datos

Un centro de datos é unha instalación onde se concentran todos os recursos necesarios para o procesamento de información dunha organización. En Xente Dixital xa vos falamos do Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia.

Nube privada. Servizo na nube para almacenar e recuperar datos por parte dunha soa empresa. Os empregados poden acceder á nube dentro da rede da empresa para compartir arquivos e traballar con eles en tempo real. Este recurso non está dispoñible para persoas alleas á empresa.

Nube pública. Infraestrutura que está dispoñible para o público en xeral xestionada por unha organización que comercializa servizos. Amazon, por exemplo, almacena os seus recursos na nube a través dunha IaaS (Infraestrutura como servizo); infraestrutura básica sen software nin servizos asociados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.