[Sabías que?] Trucos para mellorar a eficiencia enerxética do teu fogar

Tanto falar de eficiencia enerxética… aquí vai hoxe unha presa de consellos para mellorar a eficiencia enerxética! Sabemos que non están todos os que son, pero todos os que están son bos consellos. Consellos que se resumirían nun so: Sentidiño!

  • Frigorífico: sabías que un frigorífico de clase A consume un 39% menos ca un frigorífico de clase C? Iso ven sendo arredor dos 300 euros ao longo da vida útil do mesmo. Case paga o seguinte, non?
  • Lavadora: unha lavadora de clase A consume un 40% menos de enerxía ca unha de clase D. Ademais do beneficio económico (uns 200€), aforraría en toda a súa vida útil arredor dos 35.000 litros de auga.
    Utiliza a lavadora á menor temperatura posible.
  • Aire acondicionado: mellor a 23 graos.
  • Auga quente: faiche falta sempre? Pensa que cada vez que abres a billa da auga quente pos en marcha o calentador, e seguro que para moitas cousas – como lavar as mans en verán – non che fai falla. É un gasto superfluo.
  • Cociñas eléctricas: Apágaas antes de tempo. O que tardan en enfriar serve para rematar de cociñar. O mesmo para o forno: apagado e pechado, cociña durante uns 10 minutos na maior parte dos pratos.
  • Calefacción: Se tes algunha habitación na casa que non utilices, apaga o radiador desa habitación. E pecha a porta, claro!
    Se podes poñer a calefacción un pouco máis baixa e non estar en marga curta pola casa, tamén sería efectivo para non derrochar a electricidade. Calcúlase que por cada grao que se aumenta a temperatura, o consumo enerxético increméntase nun 7% aproximadamente.
  • Evita o consumo en standby dalgúns aparellos que tes na casa, coma os televisores, dvd’s… a mellor solución? Instalar regletas para determinados aparellos, de maneira que poidas cortarlle o subministro eléctrico, por exemplo, durante a noite.

Por favor, axúdanos a completar a lista. Sabemos que es Xente Dixital, pero queremos saber se tamén es Xente Eficiente dende o punto de vista enerxético. Déixanos os teus consellos para ampliar a lista!

Amplía información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.