Aberta a primeira convocatoria de “Connecting for Good Galicia”

A Fundación Vodafone España abre a primeira convocatoria de ‘Connecting for Good Galicia’, o programa impulsado en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Amtega e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital.

‘Connecting for Good Galicia’ pretende apoiar a emprendedores e/ou pemes de recente creación con proxectos de negocio que contribúan á innovación social, en concreto, aqueles que resolvan algún reto social no ámbito da educación, saúde, participación cidadá, ou calquera dos recollidos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo cara os colectivos de persoas con discapacidade e de persoas maiores.

O obxectivo do programa é conseguir que estas iniciativas empresariais se convertan en negocios reais e os seus produtos ou servizos despeguen coas maiores garantías de éxito.

fvodafone-connecting-goog-galicia-slider

Principais características do programa

Nesta convocatoria seleccionaranse ata un máximo de seis iniciativas de emprendemento, que contarán cun patrocinio de 2.000 euros cada unha, concedido pola Xunta, así como de axudas, outorgadas por Fundación Vodafone, para a contratación de persoas con discapacidade para o desenvolvemento das súas respectivas ideas de negocio.

Os proxectos seleccionados, ademais, tamén poderán optar á concesión de outras axudas e premios:

  • Unha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia ao mellor proxecto para a súa execución e posta en marcha.
  • Un premio “Conectados pola Accesibilidade” de 10.000 euros, outorgado pola Fundación Vodafone, ao proxecto que mellor incorporase os principios de accesibilidade universal.

Os beneficios dos proxectos incorporados non rematan no aspecto económico:

Os impulsores das seis iniciativas seleccionadas beneficiaranse de sesións de formación e mentoring e accederán a un conxunto de ferramentas e recursos a través dun traballo personalizado e dunha metodoloxía de aceleración específica baseada na innovación.

Ademais, todas as iniciativas disporán dun espazo de traballo na sede de ‘Vodafone Connecting for Good’, situada nas dependencias do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, para facilitar a coordinación e xestión das propostas.

Apura e preséntate, so tes este mes!

Poderán solicitar a súa participación no programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ todas aquelas empresas e emprendedores maiores de idade que, desde Galicia, conten cun modelo de negocio innovador/novo e claras vantaxes competitivas para un produto e/ou servizo que resolva algún reto social no ámbito da educación, saúde, participación cidadá, ou calquera dos recollidos na Axenda Dixital de Galicia 2020. Valorarase especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.

Para a valoración dos proxectos, deberase completar o formulario descargable desde a convocatoria. Poderanse anexar ata dous arquivos con información complementaria.

O prazo para a presentación de proxectos, xa aberto, remata o 30 deste mes.

Máis información: http://www.fundacionvodafone.es/premios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.