O desenvolvemento do Big Data recibe un forte impulso en Galicia

A Cidade da Cultura acollerá o Centro de Excelencia en intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise HPE, onde traballarán cincuenta expertos no asesoramento en proxectos de Big Data e Intelixencia de Negocio.

O acordo con HPE contempla o desenvolvemento dun programa de asesoramento a titulados universitarios, que permitirá seguir afondando na colaboración entre a universidade e a empresa e formar profesionais de alta cualificación nas TIC.

bigdata

Gaiás, o corazón dixital de Galicia

O Gaiás consolídase, así, coma o corazón dixital de Galicia. Xa que alí traballan 400 profesionais TIC, entre os traballadores da Amtega, de empresas tecnolóxicas que colaboran con proxectos públicos de transformación dixital e doutras iniciativas como o Galicia Open Future de Telefónica.

E, se o Gaiás é o corazón dixital, o Pacto Dixital de Galicia é o músculo dixital: 13 empresas do sector están a colaborar coa Administración autonómica para situar a Comunidade como un referente tecnolóxico na atracción de investimentos, o desenvolvemento de proxectos con potencial tractor e a internacionalización das pemes. Non en van Galicia xa é a quinta autonomía en número de empresas tecnolóxicas, con 2.200 compañías e 14.400 traballadores.

Traballando para reducir a fenda dixital

O pulo que se lle pretende dar ao Big Data é un paso máis na redución da fenda dixital. Desde 2009, o número de usuarios da rede aumentou en 350.000 (un 40%) e 700.000 galegos obtiveron cobertura. Para seguir avanzando nese camiño, o desenvolvemento do Plan de Banda Larga 2020 e do Plan de Inclusión Dixital abandeiran a implementación de conexións a redes ultrarrápidas a toda a poboación e o fomento, uso e a formación avanzada nas TIC para todos os cidadáns.

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.