“Aprende a usar o smartphone”, a iniciativa da Amtega e Fundación Vodafone para pechar a fenda dixital

A Fundación Vodafone coalbora como aliado dixital no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020. Froito desta alianza, Amtega e Fundación Vodafone puxeron en marcha a segunda edición do  proxecto “Aprende a usar o smartphone” para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes.

banner2

Esta actividade prolongarase ata novembro e chegará a 19 aulas da Rede. Isto é, ata 300 prazas dispoñibles. Cada un dos centros CeMIT participantes disporá de diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles. Ademais, os participantes recibirán unhas guías en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc), así como exemplos de aplicacións básicas e de interese colectivo.

As aulas implicadas disporán, tamén, dunha serie de vídeo pílulas formativas breves e moi prácticas, que servirán de material de apoio audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.

Formación necesaria para persoas maiores

O emprego de smartphones tamén se está estendendo entre as persoas de máis avanzada idade. Por iso, é preciso que coñezan as novas tecnoloxías e comproben de primeira man que poden facer dun smartphone e como lles pode axudar no seu día a día. Así, algúns dos aspectos que recolle o curso xiran en torno a:

  • Seguridade (xeolocalización, teleasistencia)
  • Novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…);
  • Posibilidades de relacionarse cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…);
  • Acceso á información (noticias e prensa on-line…),
  • Aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde),

Localidades

As 19 localidades que ofertan estas actividades son A Coruña, Cerceda, Ortigueira, As Pontes, Santa Comba, Sigüeiro – Oroso, Vimianzo, Barreiros, Carballedo, Sarria, Manzaneda, Verín, Xunqueira de Ambía, Cuntis, A Guarda, Ponteareas, O Porriño, Valga e Vigo.

Quero participar!

Se estás interesando en asistir aos cursos podes consultar as datas e formalizar a inscrición na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal). Neste web terás tamén os datos de contacto de cada unha das aulas para resolver ás dúbidas que poidan xurdir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.