Comeza o outono con bo pé apuntándote a algún dos cursos que se celebran nas Aulas CeMIT que temos por toda a xeografía galega! Estes son os cursos máis destacados e que comezarán en breve. Lembra que podes ollar na web do CeMIT se hai novos cursos na túa localidade.
Crea e dinamiza o teu LinkedIn (Aula CeMIT Ames)
Forma parte da rede social sectorial de emprego máis grande do mundo. O teu cv en liña a través desta rede social onde poder buscar (e atopar) traballo.
Facturación en contabilidade – CONT 4 (Aula CeMIT Cuntis , inicio 3 de Outubro)
Dirixido a usuarios que desexen coñecer o funcionamento dun programa de xestión (CONT4), ben como complemento á súa formación ou para xestionar unha Pequena e Mediana empresa. Obxectivos: Ofrecer unha formación global para a realización da maioría das operacións cotiás dunha empresa. O programa engloba as funcións de Cont4 Facturación e Contabilidade nunha única aplicación creando un entorno de traballo máis manexable.
Contidos: Facturación, alta e configuración da empresa, configuración do entorno de traballo, xestión de almacén, proceso de compras e ventas, proceso de pagos e cobros, tpv, ive, copias de seguridade módulo b: contabilidade, alta e configuración da empresa, introducción e edición de asentos contables, xestión de cobros e pagos, ive, amortizacións, inventario, consultas, balances e informes, regularización e peche, copias de seguridade.
Inicio a Informática (Maiores Grupo 1) (Aula CeMIT Boiro, inicio 3 de Outubro)
Servizo de apoio, reforzo, titorización e/ou asesoramento ás actividades realizadas na aula, é dicir, entendido como un horario no que a aula está aberta con presenza dun profesional que axuda a solucionar as dúbidas sobre emprego das TIC e facilita orientación sobre o emprego das mesmas as persoas que acuden á Aula.
Sácalle partido ao móbil (Aula CeMIT Ames, inicio 4 de Outubro)
Uso de apps para móbiles, para que lle saques o máximo partido a esa estupenda ferramenta que tes na man: o teu smartphone.
Convírtete en usuari@ “pro” de twitter. Sácalle partido á rede social dos “chíos” (Aula CeMIT Leiro, inicio 3 de Outubro)
Pérdelle o medo a Twitter con este curso e convértete nun novo tuiteiro.
Iniciación á creación de páxinas web con HTML 5 e CSS 3 (Aula CeMIT Guitiriz, inicio 3 de Outubro)
Curso destinado a todas aquelas persoas que se queiran iniciar na creación de páxinas web
Iniciación á Informática para nenos e nenas (8-9 anos) (Aula CeMIT Mugardos, inicio 5 de Outubro)
Inicio básico no uso dun ordenador dirixido a menores. Adaptación dos métodos pedagóxicos para os nenos e nenas
Busca de emprego a través de Internet (Aula CeMIT Xunqueira de Ambía, inicio 6 de Outubro)
Mecanismos para a busca de emprego a través da internet
Xestión de Arquivos (Aula CeMIT Celanova, inicio 4 de Outubro)
Capacitación na protección da información do teu negocio.