Novo faladoiro dixital adicado á ciberseguridade

No mes de setembro, ademais da volta ao cole, volven os obradoiros dixitais que organizan CPEIG e Amtega. O vindeiro 21 de setembro, de 09.45h. a 14.00h no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, terá lugar un encontro que abordará a ciberseguridade como eixo central da xornada.

A xornada contará con participación de expertos na materia e toma por obxecto crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio das tecnoloxías e da seguridade en Internet de cara ao emprego

Relatores       

relatores_setembro

Despois da benvida institucional a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, ás 10.15h.  intervirá Susana de la Fuente, coordinadora de Xestión do Talento do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (Incibe).

Tras un  breve descanso, ás 11.30h. abordaranse boas prácticas en ciberseguridade, cos casos  de Adolfo Domínguez e a adega Pepe&Lola como exemplos. Por parte da empresa téxtil falará Pablo Aranda, responsable de Microinformática de Adolfo Domínguez, e en representación da adega intervirá Carlos Rodríguez, responsable de Proxectos TI.
Ás 12.30 horas celebrarase un debate entre todos os relatores, aberto tamén á participación das persoas asistentes.

Interésame asistir!

A asistencia é de balde para calquera persoa interesada, pero cómpre inscribirse previamente no enderezo eventos@cpeig.gal, ou a través da web www.profesionsdixitais.org, onde atoparán máis información do programa e dos relatores.

Apura, o evento é o mércores 21!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.