3 ferramentas para levar control dos teus gastos e ingresos

Controlar a economía persoal ou familiar é algo que a moitos nos gusta facer. Non para saber canto diñeiro temos, se non para levar un control dos gastos e poder, desta maneira saber cando podemos darnos un capricho ou en que momento temos que apertarnos no cinto.

Hai anos este control facíase a través de papel,  bolígrafo e calculadora, pero hoxe en día temos nos nosos  smartphone a ferramenta perfecta para levar este control. Hoxe querémosvos ensinar 3  apps coas que levar o control dos nosos gastos de maneira sinxela e sen que nos leve demasiado tempo.

Fintonic

É unha das aplicacións máis coñecidas, por anunciarse en televisión e por tamén ser unha das máis completas e con maior compatibilidade. Inclúe opcións moi interesantes como a posibilidade de sincronizar as nosas contas bancarias (entre varias entidades), marcar un obxectivo de aforro e monitorar todos os nosos gastos.

Fintonic é gratis para  iOSAndroid.

Mint

Unha das aplicacións máis veteranas no tema do control de gastos. Podemos con ela marcarnos obxectivos de gastos e aforro mensuais, así como programar recordatorios de pagos. O máis interesante de  Mint é a súa interface intuitiva, que nos permite ver o gasto por etapas dunha maneira moi gráfica.

Mint é gratis para  iOSAndroid.

Monefy

Esta aplicación é perfecta para aqueles que non queren enlazar os seus datos de contas bancarias con ningunha aplicación. É a versión tecnolóxica do caderno de gastos de toda a vida. Unha aplicación moi intuitiva que nos permite rexistrar todos os gastos rapidamente diferenciándoos por categorías.

Monefy é gratis para iOSAndroid.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.