As aplicacións móbiles da Xunta: o DOG

Na actualidade, temos unha tecnoloxía máis potente no noso teléfono móbil que a que foi necesaria para levar ao primeiro home á Lúa. Desde a palma da nosa man podemos facer case calquera cousa: consultar o noso banco, editar vídeos, acender a distancia a calefacción… e tamén podemos interactuar coa administración autonómica.

A Administración Electrónica é un dos obxectivos da Xunta de Galicia no Plan de Goberno Dixital 2020 e, para conseguilo, temos desde hai tempo á nosa disposición unha serie de aplicacións móbiles que nos facilitan determinadas accións. Nesta serie de artigos imos presentar as diferentes aplicacións dispoñibles, e que mellor que empezar coa parte informativo por excelencia, o DOG.

DOG, a comunicación autonómica ao noso alcance

DOG é unha aplicación dispoñible para iOS e Android que nos permite ter o Diario Oficial de Galicia no noso teléfono móbil ou tablet. O obxectivo da aplicación é ese: permitir acceder de maneira moi sinxela a todas as informacións que aparecen no Diario sen ter que entrar á páxina web.

Unha vez estamos dentro do DOG publicado que queiramos, temos diversas opcións que nos facilitan a tarefa: unha búsqueda potente, a posibilidade de descargar a publicación e tamén a de marcar un artigo como favorito, por se nalgún momento queremos acceder a el desde o noso dispositivo. E se queremos, tamén podemos compartir a publicación ás nosas redes sociais ou en calquera outro método.

Filtros por todos os lados

Ademais de acceder ao Diario, a aplicación pon á nosa disposición filtros moi interesantes que poden facer a nosa procura moito máis efectiva. Así, á parte de ver o último boletín con índice incorporado, podemos acceder a un calendario con todos o DOG publicados, tan só picando no día do mes accederemos ao diario publicado nese momento.

O filtro de calendario compleméntase coas Canles, uns filtros por Seccións, Rangos, Temas e Colectivos que son de moita utilidade se só interésannos as publicacións de certos temas.

DOG é unha aplicación desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é completamente gratuíta e está dispoñible en galego e en castelán. Está dispoñible para iOS (descarga) e Android (descarga).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.