Guía práctica | como cifrar as túas conversas no Facebook Messenger

cifrar-facebook-messenger

No mundo dixital en que vivimos, protexer as nosas comunicacións é casi unha práctica obrigatoria. Aínda que é complicado, e pouco posible, que nos atopemos cun hacker que roube os nosos datos e a nosa conta bancaria, poñer en apuros ás empresas que se aproveitan dos nosos datos é o mellor que podemos facer. E ademais, na maioría dos casos é algo moi sinxelo de facer. Hoxe na nosa guía práctica ensinaremos como cifrar as nosas conversas no Facebook Messenger.

Facebook Messenger, a aplicación móbil de Facebook para falar cos nosos contactos, actualizouse recentemente, engadindo a opción de cifrar as nosas conversas. Pero a diferenza de aplicacións como Telegram ou Whatsapp, isto non se activa automáticamente, senón que somos nós os que temos que seleccionar “a propósito” que queremos ter unha conversa cifrada cun contacto. Que conseguimos con este cifrado? Que ninguén poda ler as nosas conversas, nin sequera o propio Facebook.

Como activar o cifrado nas conversas de Facebook Messenger

Activar este cifrado é moi sinxelo. Para comezar, temos que ter actualizada a aplicación á última versión. Para iso temos que ir á App Store (en iOS) ou a Google Play (en Android) e comprobar que non temos ningunha actualización dispoñible para Messenger. Se a temos, para cifrar unha conversa temos que crear unha nova, é dicir, a que tiñamos antes co noso contacto non vale, temos que crear unha nova. Para iso, seleccionamos o contacto e lle damos, na conversa normal, á foto que aparece arriba; a continuación pulsamos en “Conversación secreta” e, dende ese momento, teremos activa unha conversa cifrada co noso contacto. Como curiosidade, darémonos conta que as mensaxes aparecen con fondo negro en vez de azul, signo que todo foi ben.

cifrar-messenger-facebook

Hai que recalcar que estas conversas están cifradas dun dispositivo a outro, é dicir, que se cambiamos de dispositivo (a unha tablet ou a outro móbil), esta conversa non estará dispoñible, tendo que abrir outra nova para poder seguir enviando mensaxes totalmente privadas.

Significa isto que as nosas conversas poden ser espiadas? Si e non. Por un lado, toda comunicación na Internet, se non está cifrada, pode ser espiada dalgunha maneira. Pero noutra banda, hai poucas persoas (por non dicir ningunha) que queiran ver o que falamos cos nosos contactos de Facebook… se non somos Edward Snowden claro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.