Apple Pay chega a España, cales son as nosas opcións de pago dende o móbil?

Apple Pay e as opcións de pago co móbil

Levamos tempo dicíndoo e faltan poucos anos para que sexa realidade: o diñeiro de maneira física ten as horas contadas. Os cartóns de crédito e os sistemas de pago a través dos nosos dispositivos están á orde do día e é cuestión de tempo que o seu uso sexa masivo, polo que as carteiras serán moito máis lixeiras en poucos anos.

A semana pasada tivemos a noticia da chegada de Apple Pay a España. O sistema de pagos de Apple a través dos seus dispositivos (iPhone, iPad e Apple Watch) era algo que moitos esperaban, pero na actualidade temos desde hai tempo moitos tipos de pago inalámbrico. Cales son e que vantaxes e desvantaxes teñen cada un? Hoxe contámoscho.

Apple Pay

A recentemente lanzada en España opción de Apple é a primeira da nosa lista. Só compatible con dispositivos de Apple (incluídos os novos Macbook lanzados hai unhas semanas), o sistema é compatible, por agora, con cartóns de Santander, American Express, Edenred (Ticket Restaurant) e Servizos Financeiros Carrefour.

Para pagar podemos facelo en calquera local cun TPV con sistema contactless (que son o 90% deles agora mesmo). O único que temos que facer é, despois de rexistrar o noso cartón, pulsar dúas veces en botón de Home (no caso de iPhone) e o teléfono detectará a nosa pegada e autorizará a operación cando acheguemos o teléfono ao TPV.

Samsung Pay

A compañía coreana tamén ten un sistema de pago compatible cos dispositivos Samsung Galaxy con lector de pegada. O seu sistema é compatible coa maioría de bancos que operan en España e  é similar ao de Apple Pay: entramos na aplicación de pago, identificámonos coa nosa pegada, escollemos cartón e ao achegar o teléfono ao TPV (funciona tamén só cos do tipo contactless) teremos o pago realizado.

Aplicacións Wallet

Vodafone, Orange, Banco Santander, BBVA, Abanca… numerosos bancos lanzaron para Android aplicacións denominadas “Wallet” que permiten memorizar cartóns de crédito ou débito e pagar con elas. Cal é a diferenza con respecto a Samsung Pay e Apple Pay? Pois que estas aplicacións só funcionan cos cartóns de cada banco, algo que os sistemas de Apple e Samsung xa teñen superado.

O positivo destas aplicacións é que soen funcionar con móbiles de todo tipo. Mentres Apple e Samsung só funcionan cos seus dispositivos, as aplicacións Wallet o fan con calquer teléfono móvil que dispoña dun chip NFC ou conexión bluetooth.

Cal é a mellor forma de pago inalámbrica? Ningunha. Todas son correctas. Cada un ten que ver cal ten dispoñible (segundo se entidade bancaria) e como prefire pagar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.