Phising é a práctica dos estafadores de enviar correos electrónicos tentando facerse pasar por outra persoa e compañía. Así é normal ver correos electrónicos que nos tentan enganar dicindo que son o noso banco, reis de Nixeria que nos piden diñeiro a cambio de xoias ou a nosa veciña que nos pide o número do cartón de crédito.
O que se fai con este tipo de correos é mandalos ao lixo e ignoralos. Pero saíu hai uns días unha nova práctica que pode facer que este tipo de correos sexan ata divertidos: un bot que os marea ata a saciedade.
Re: scam é unha intelixencia artificial que teñen como obxectivo vingarse do phising. O que fai é responder de maneira automática a estes correos e dar voltas sobre o asunto ata que o estafador cánsase e deixa de responder. Un exemplo claro é que, cando piden unha conta corrente, o bot di que por seguridade enviaralle cada número nun correo, mentres o outro responda.
Como funciona? De maneira moi sinxela: cando recibamos un correo deste tipo o que debemos facer é reenvialos a me@rescam.org e a intelixencia artificial poñerá a súa maquinaria en marcha para ocupar ao estafador e que acabe tan desesperado que se esqueza de tentar estafar á xente.