Tag Archives: Xunta
Axenda Cultura

A aplicación do mes: Axenda Cultura

,

Axenda Cultura é unha das aplicacións máis recentes da Xunta de Galicia e convertirase nun imprescindible no noso móbil. Esta app leva aos nosos dispositivos móbiles todos os eventos que se publican na axenda do portal cultura.gal. Trátase dunha axenda elaborada por diferentes departamentos e que busca reunir nun só espazo toda a programación de […]

Sede_Xunta

Unha Administración 100% dixital

,

En marzo deste ano arrancaba o Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 que busca consolidar os servizos electrónicos postos en marcha e conseguir unha Administración que funcione integramente de xeito dixital. Cun investimento de 27,7 millóns de euros, o reto é conseguir unha Administración accesible, áxil nas respostas e con capacidade para anticiparse ás […]

Ponse en marcha Chave 365

,

Coñecedes Chave 365? Simplifica a xestión online coa Administración a través de claves concertadas no móbil. O sistema, dispoñible no Rexistro Xeral da Xunta, evita a complexidade do uso do certificado electrónico. O obxectivo é facilitar a accesibilidade aos servizos online e simplificar a xestión telemática coa Administración. O servizo facilítanos as claves necesarias para […]

civilUAVsinitiative

Despega a industria dos drons en Galicia

,

A principios de xullo anunciábase que máis de 200 empresas amosaran formalmente o seu interese por participar no polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados impulsado pola Xunta. Foi a resposta á convocatoria feita en xuño para que as compañías interesadas en converterse en socio industrial do proxecto ou en participar nos procesos de […]

En setembro desenvolverase o piloto do Fogar Dixital

,

Escoitarades falar do Fogar Dixital asistencial? Permitirá converter os fogares galegos en prolongacións dos centros sanitarios e dos centros sociais a través da tecnoloxía. Minimizará os ingresos en centros hospitalarios e residencias de asistidos. O Fogar Dixital permitirá aos profesionais sanitarios facer un seguemento remoto e contínuo do estado do paciente e da eficacia dos […]

axendadixital

Publícase o texto definitivo da Axenda Dixital de Galicia 2020

,

A semana pasada anunciábase a publicación do texto definitivo da Axenda Dixital de Galicia 2020. A Axenda debe impulsar a modernización tecnolóxica de Galicia. O obxectivo é que ningún galego quede excluído do progreso tecnolóxico. A presentación da Axenda Dixital 2020 daba comezo á Semana Dixital durante a cal a Axencia para a Modernización Tecnolóxica […]