Os perfís dixitais serán os máis demandados polas empresas galegas nos dous vindeiros anos

O tecido empresarial galego precisará máis de 2.900 profesionais TIC en Galicia durante o período 2016-2018. A empresas sinalan que xa no presente ano precisarían case a metade destes perfís, arredor de 1.400 profesionais TIC especializados nas novas tendencias dixitais, para cubrir as súas necesidades.

novosperfisprofesionais2

Esta é a principal conclusión do estudo “Novos Perfís Profesionais Dixitais nas Empresas de Galicia”, que publicou o Observatorio da Sociedade da Información (Osimga) adscrito á Amtega.

Oferta e demanda crecen a diferentes ritmos

O informe sinala que a oferta de profesionais dixitais en Galicia non está a medrar ao mesmo ritmo que a demanda, tal e como se desprende da evolución do número de matriculados en carreiras do ámbito STEM (científico, tecnolóxico, en enxeñarías e matemáticas), que pasou de 5.750 en 2010 a 5.177 en 2015 (o 9,2% do total de alumnos/ as matriculados no Sistema Universitario Galego), como do número de titulados no ámbito STEM, que pasou de 776 en 2010 a 753 en 2014.

O estudo pon de manifesto as dificultades que as empresas galegas experimentan á hora de encontrar profesionais TIC cos coñecementos e experiencia de interese para a súa organización. As empresas do Sector TIC galego son as que maiores problemas declaran, para máis do 70% delas resulta difícil ou moi difícil atopar perfís adecuados; a metade das empresas do sector TIC considera que existe unha carencia de candidatos formados en Galicia.

Tendencias dixitais e novos perfís profesionais

tendencias

O documento achega unha visión actualizada das oportunidades laborais vinculadas aos sector tecnolóxico e ás novas profesións que están a xurdir na era dixital en Galicia, e identifica dous grandes ámbitos da economía dixital que se están a demandar e que se prevé vaian a solicitarse nos próximos anos novos perfís profesionais dixitais:

  • Tecnoloxías Innovadoras en áreas temáticas como: Internet das Cousas, mobilidade, Cloud, Big Data e Ciberseguridade.
  • Estratexia e Xestión de Negocio Dixital na Empresa en áreas temáticas como: social media, marketing e comunicación dixital, desenvolvemento de negocio, e-comercio ou creación e xestión de contidos dixitais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.