Ata o de agora, unha persoa con dificultades de visión tiña que utilizar teléfonos móbiles adaptados á súa discapacidade. Pero isto pode cambiar a partir deste momento grazas á empresa galega Primux Tech, que lanzou unha aplicación gratuíta que é capaz de crear unha interface en calquera smartphone adaptada ás persoas con problemas de visión.
A aplicación está dispoñible para*Android a través de Google Play e é a primeira ferramenta que sae ao mercado con estas características. Foi feita grazas ao departamento de I+D+i da compañía e a un usuario con discapacidade visual. Primux Blind, así se chama esta nova aplicación, adapta a contorna gráfica do sistema operativo, engade funcionalidades orientadas a persoas con diversidade funcional visual e ten, ademais, un asistente de voz que facilita a navegación a través da interface adaptada.
A través desta interface adaptada, o usuario pode, sen necesidade de ter un custoso terminal adaptado, saber canta batería queda ao teléfono móbil, se hai unha conexión Wifi ou realizar unha chamada desprazando unicamente un dedo pola pantalla, xa que o asistente de voz guíalle a través destas e do resto de tarefas que se poden facer cun smartphone.
A aplicación é compatible con todos os teléfonos con Android e é completamente gratuíta, podéndose descargar a través de Google Play xa mesmo.