Rapaciñ@s.gal, a web da Amtega e o CPEIG continúan coa divulgación TIC aos mais pequenos

rapacinos

Sempre tomamos o comezo do ano como un punto de inflexión no que comezar a propoñernos a facer cousas novas ou mellorar as que xa realizamos. Como agasallo de ano novo a Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia (CPEIG) lanzaron unha nova versión de Rapaciñ@s, o portal dedicado á divulgación e alfabetización das tecnoloxías entre os máis pequenos da casa.

Cun novo deseño e utilizando o novo dominio galego .gal nas súas dúas direccións (rapaciños.gal e rapaciñas.gal), o portal expón de novo diferentes actividades destinadas aos máis pequenos. O obxectivo de Rapaciñ@s é achegar a tecnoloxía aos nenos e nenas dunha maneira responsable, poñendo especial atención nos bos hábitos de navegación, facendo que estes se realicen dunha maneira responsable e segura.

O novo deseño de Rapaciñ@s presenta unha web totalmente accesible e cunha estrutura que facilita o acceso a toda persoa con coñecementos básicos de navegación. A web inclúe contidos como: personaxes fundamentais na historia da informática, 10 razóns para estudar informática, saídas profesionais, onde realizar os estudos, consellos de navegación segura e ou xogo A quen te pareces ti?

O xogo A quen te pareces ti? é unha novidade neste novo deseño. A través dunhas sinxelas preguntas, o xogo acaba comparando ao participante cun personaxe importante no mundo da informática e a tecnoloxía, realizando desta maneira unha divulgación cultural e de coñecemento de personaxes tan importantes como Linus Torvalds, Mitchell Baker, Ángela Ruiz, Radia Perlman ou Carol Shaw.

A páxina está dispoñible en http://www.rapacinas.gal/ e tan só hai que deixarse levar para gozar de todos os contidos que esta iniciativa pódenos ofrecer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.