Tecnoloxía do futuro presente: que son e para que serven as cámaras 360 grados

camara360

Cando pensamos en cámaras véñennos á cabeza cámaras fotográficas, de vídeo e mesmo a de acción que podemos levar ata debaixo da auga. Pero no último ano fóronse presentando un tipo de cámara que comezan a estar á orde do día: as cámaras de 360 graos. Hoxe querémosvos ensinar que son, como funcionan e cales son os modelos máis representativos deste tipo de cámaras.

Que é e como funciona unha cámara de 360 graos?

Como o seu nome indica, unha cámara de 360 graos é aquela capaz de gravar todo o que a rodea, incluída a persoa que está a sacar a foto ou tomando o vídeo. Este tipo de cámara adoita ser de pequeno tamaño e adaptada aos usos: deporte, retransmisión de eventos ou fotografía de paisaxes.

O seu funcionamento é sinxelo de explicar pero á vez complexo de reproducir. A maioría das cámaras actuais válense de dous obxectivos ou ópticas que son capaces de captar un gran ángulo de imaxe. Os circuítos internos destas cámaras son capaces de tomar esas dúas imaxes, ou vídeos, tomadas e combinalas nunha soa resultando imaxes circulares (como a que podedes ver abaixo) ou adaptadas para ver cunhas lentes de realidade virtual.

Exemplo de foto en 360 graos

Exemplo de foto en 360 graos // (c) Jonan Basterra

Cales son os principais modelos?

Aínda que hai xa numerosos modelos no mercado, na actualidade hai tres que destacan entre as demais, xa sexa pola súa calidade, o seu prezo ou pola facilidade de uso

Samsung Gear 360

Samsung Gear 360Esta é a cámara con mellor relación calidade prezo do mercado. É capaz de gravar de múltiples maneiras (se temos un teléfono Samsung) e darnos fotografías e vídeo de 30 megapíxeles. Ten resistencia ao po e permite facer vídeos tipo timelapse grazas ao seu ranura SD, a cal pode albergar tarxetas de ata 32 Gigas. 

Ricoh Theta S

Ricoh Theta SCapaz de gravar a 30 fps en Full HD, a Ricoh Theta S pode  gravar vídeos de ata 25 minutos en 360 graos. Como características a destacar, con esta cámara podemos emitir en directo o que se está a gravar, así como enviar ao teu teléfono móbil a gravación sen necesidade dunha computadora.

360 fly

360 flyUna das cámaras 360 máis curiosas, xa que no canto de utilizar dúas ópticas, válese só dunha con axuda de espellos. Ten 32 Gigas de memoria interna e é resistente á auga e aos golpes, o que a fan perfecta para sacar vídeos de 360 graos de temática deportiva. Ademais, é a máis lixeira das 3 pesando tan só 150 gramos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.