Adeus ás redes sociais! Como borrar a túa conta de todas elas

Aínda que as redes sociais son actualmente noso día a día, en moitas ocasións sentimos a necesidade de desaparecer delas, xa sexa por necesidade ou porque realmente sentimos que non queremos pertencer a elas nunca máis. Pero aínda que o sintamos, a maior parte das veces non o facemos, xa sexa por preguiza ou porque a complicación que implica facelo, bótanos atrás.

No artigo de hoxe ímosvos a ensinar como borrar definitivamente (que non desactivar) nosas contas das principais redes sociais que existen.

Como borrar a nosa conta en Facebook

A rede social de Zuckerberg é desas que tenta por activa e por pasiva que non borres a túa conta. E é que cando accedes á páxina dedicada ao borrado, en primeira instancia o que facemos é desactivala, é dicir, deixala latente sen que ninguén poida acceder pero permanecendo os datos nos servidores de Facebook

Se queremos desactivar a nosa conta (deixando fotos e datos nos seus servidores polo si ou polo non), podémolo conseguir facendo click na esquina superior dereita do teu perfil, configuración e alí á pestana de seguridade. Ao final de todo temos a opción de desactivación.

Se queremos borrar definitivamente todos os nosos datos, temos que facer click nesta ligazón, a cal nos permitirá borrar o noso paso por Facebook de maneira permanente.

Como borrar a nosa conta de Twitter

O paxaro azul pono moi sinxelo se queremos borrar a nosa conta. Entra en Twitter vía web e facer click na túa foto de avatar arriba á dereita e escolle configuracion. Na sección de “Conta” abaixo de todo atoparémonos unha ligazón que di “Desactivar a miña conta”. Aí é onde debemos facer click para desaparecer de Twitter.

Desaparecer e non borrar? Non exactamente. Twitter ten unha política de que se fas click en desactivar, conserva a túa conta durante 30 días (por se te arrepintes), pero pasado este tempo a nosa conta e todos os nosos datos desaparecerán por completo.

Como borrar a nosa conta de Google

O gran irmán do buscador tamén permite borrar a nosa conta de maneira permanente. Tan só hai que ir á páxina principal da conta e en “Preferencias da conta” facer click en “Eliminar a túa conta ou determinados servizos”. Nesta sección teremos a opción de escoller eliminar por completo todo ou só algúns servizos.

Como borrar a nosa conta de Instagram

A rede social de fotografía compórtase da mesma maneira que Facebook: ofrece desactivar temporalmente a nosa conta no canto de borrala. Se queremos borrar todas as nosas fotografías, comentarios e datos, temos que ir á páxina de borrado de contas e seleccionar o motivo polo que queremos facelo.

Como borrar a nosa conta de Linkedln

Se queremos desaparecer da rede de buscar traballo temos que facelo en dous pasos. Primeiro hai que ir ás preferencias da conta e en “Privacidade e configuración”, na sección de subscricións está a opción pechar a túa conta. Para que se faga, temos que dar o motivo e logo introducir o noso contrasinal de novo para confirmar o borrado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.