Aprende sobre tecnoloxía con estas catro series

Cando queremos aprender sobre tecnoloxía, a miúdo as recomendacións veñen en forma de libros, documentais ou artigos que van desde o máis sinxelo ata o máis complexo. Pero en moitas ocasións estas suxestións esquécense de que hai outro mundo onde podemos aprender sobre tecnoloxía: as series de televisión.

Hoxe querémosvos recomendar catro series que falan sen pelos na lingua sobre tecnoloxía. E é que no mundo no que vivimos, ata a ficción contáxiase polos uns e os ceros.

Halt and Catch Fire

Se queremos saber como foron os comezos do que coñecemos hoxe como informática, ‘Halt and Catch Fire’ é a nosa serie. Ambientada nos comezos dos anos 80, esta ficción mestura unha trama interesante co nacemento e a evolución da informática a través de códigos hexadecimais e cartóns perforados de tamaño descomunal.

‘Halt and Catch Fire’ pódese ver a través da canle temática AMCTV

Mr. Robot

O mundo dos hackers sempre foi un recorrente na ficción, tanto no cinema como na televisión. “Mr. Robot” dálle unha volta a este tema, dándolle unha perspectiva bastante máis realista mesturándoa cun argumento que fala sobre a sociedade e como lle afecta a tecnoloxía.

‘Mr. Robot’ pódese ver en Netflix.

Sillicon Valley

O val do silicio é un dos sitios máis importantes no mundo das startups. É o lugar onde se cocen a maioría das apps que nacen hoxe en día e esta serie creada por HBO mostra, en ton de humor, o mundo dos financiamentos, os emprendedores e como funciona o mundo das empresas tecnolóxicas en Estados Unidos.

‘Silicon Valley’ pódese ver a través de HBO España. 

Black Mirror

‘BlackMirror’ non é unha serie tecnolóxica ao uso, é unha serie de episodios independentes que teorizan sobre como pode afectar a tecnoloxía na nosa vida nun futuro non moi afastado. A serie ambiéntase en futuros distópicos esaxerados, pero cada episodio sempre nos fai pensar sobre como acabaremos a medida que a tecnoloxía avance.

“Black Mirror” pódese ver a través de Netflix.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.