A batalla móbil: os mellores smartphone de gama alta do mercado

Cando botamos unha ollada ao mundo dos smartphone é fácil perderse entre modelos, marcas e características varias que nos achegan. Que se a calidade da cámara que se o almacenamento ou o sistema operativo.

Cando queremos un teléfono que nos dure, o habitual é fixarnos na gama media-alta. E é que aínda que que algo sexa máis caro non implica que sexa mellor, o prezo adoita ser un indicador que nos apunta aos materiais cos que está construído o terminal e, por tanto, a duración que pode acabar tendo.

Pero cales son os mellores terminais do mercado? Uns diranche unha marca ou outra, pero nós non imos entrar nesa guerra. Simplemente ímosche a mostrar unha lista cos mellores teléfonos móbiles de gama alta que hai no mercado. Logo é opción de cada un elixir un ou outro.

iPhone X

O teléfono esperado por moitos saltou á palestra hai pouco máis dun mes. Cun renovado deseño e unha pantalla CHEIRADE, presume da tecnoloxía de recoñecemento facial FaceID, así como unha gran potencia, autonomía e gran cámara.

Ten como partes positivas a súa gran pantalla e a potencia do seu sistema, pero na negativa atopámonos cun elevado prezo e unha parte traseira de cristal que non convence a moitos.

Pixel 2 XL 

O teléfono de Google saltou este ano á gama alta para sorpresa de todos. Presume de ter a mellor cámara do mercado e un peso tan pequeno que custa crer que tes un teléfono desas dimensións na man.

Como parte positiva está, como dixemos, a cámara. Na negativa está a pantalla, que non é da calidade esperada para un teléfono destas características.

Huawei Mate 10

A coñecida marca low cost tamén se apuntou ao carro dos teléfonos de calidade. Cun prezo lixeiramente inferior ao dos seus competidores, o Mate 10 é un teléfono robusto e cun moi bo deseño e unha gran batería.

O seu punto positivo é o seu prezo e que non ten nada que envexar a outros ás caros. Na negativa está que a pantalla non é a mellor que hai e que a súa batería é, simplemente, correcta.

Moto Z2 Force

A volta dunha marca como Motorola sempre é motivo de celebración. O Moto Z2 Force sepárase do habitual achegando un deseño delgado e robusto ao que se lle poden axustar novas características cos Moto Mods, uns accesorios que lle poden dar ao teléfono posibilidade de gravar en 360º ou unha potencia maior de son con altofalantes mellorados.

O Moto Z2 Force ten como punto positivo o fino que é e a posibilidade de aumentar as súas características cos Moto Mods. Na parte negativa está a autonomía da batería e os seus cámaras, que ambas non son do mellor do mercado.

Samsung Galaxy Note 8

Un deseño con marcos incrible e unha cámara dobre son os principais ingredientes que ten o Note 8 para convencernos. Como punto diferencial, o teléfono de Samsung engade o S-Pen, un punteiro co que podemos debuxar e facer o que queiramos en pantalla.

O Note 8 ten o punto positivo do propio S Pen e unhas cámaras moi ben deseñadas. Na parte menos boa está o prezo, que o asistente de voz non sabe español e un sensor de pegadas na parte posterior que non convence.

Estes son os principais teléfonos que podemos optar se queremos unha gama entre media e alta. Quédansenos modelos como algún de HTC ou Sony, pero a maioría deles xa se distancian nas características dos que aquí presentamos. Agora está a cuestión: con cal quedas?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.