Cambia o teu disco duro: Os mellores programas de clonación

Cambiar as pezas do noso computador persoal é unha actividade que nalgún momento debemos facer, xa que no canto de renovar todo o noso dispositivo, podemos facelo só con partes e aforrarnos un diñeiro á vez que melloramos o que temos.

Un dos compoñentes que podemos cambiar sen moita complicación é o noso disco ríxido. Ao facelo, podemos optar por un de máis capacidade ou outro máis rápido como pode ser un SSD. A cuestión é como facer o cambio sen moitas dores de cabeza? Grazas aos clonados de disco ríxido, que son nin máis nin menos que facer unha copia exacta do contido do noso disco ríxido noutro. E hoxe ímosvos a ensinar os mellores programas para facelo.

Macrium Reflect Free

A pesar de que ten unha versión gratuíta, Macrium Reflec Free é unha das mellores opcións para facelo. Ten todas as opcións necesarias para facer un clonado perfecto e sen problemas. Como dicimos, existe unha versión de pago, pero a gratuíta válenos perfectamente para un clonado eventual.

GParted

Un programa un pouco basto pero moi efectivo e directo. O mellor de GParted é que cabe nun dispositivo USB polo que no caso de que nos ocorra algo inesperado, podemos utilizalo desde un pendrive e facer o clonado directamente desde aí.

Clonezilla

Se sentimos profesionais, Clonezilla é o noso programa. Iníciase desde fóra do sistema operativo e permite, dunha maneira gráfica moi dos anos 90, facer clonacións perfectas e moi rápidas. O interesante desta aplicación é que pode facer clonacións simultáneas de varios discos á vez, pero hai que andar con tento á hora de usalo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.