Catro páxinas para atopar recursos multimedia gratuítos

Ás veces cando estamos a facer un proxecto necesitamos algún tipo de recurso multimedia e, en moitas ocasións, non temos o orzamento para ir ás habituais páxinas de pago a pagar polos dereitos de autor que adoitan ter  testos recursos.

Afortunadamente, Internet está cheo de contido  gratuíto que podemos utilizar sen perder en orixinalidade nos nosos proxectos. Pero ás veces é complicado coñecer os sitios específicos onde atopar o que necesitamos. Hoxe ensinámosche catro exemplos onde buscar:

Gratisography

Necesitas unha imaxe graciosa ou fóra do común para as túas presentacións?  Gratisography é a túa páxina, xa que non é un banco de imaxes ao uso, senón que está cheo de fotos curiosas, interesantes ou divertidas que poden para calquera uso no que necesites chamar a atención.

Mockupworld

Se traducimos  mockup ao noso idioma, a palabra que máis se lle achega é maqueta, pero no mundo do deseño é algo máis.  Mockup é unha imaxe dun obxecto que nos serve para personalizar e presentar con el o noso produto. Un mockup pode ser un  Phone sen pantalla, unha persoa suxeitando un cartel en branco ou un sinal para poñer a nosa publicidade como exemplo.

Mockupworld é unha web con todas esas maquetas que nos poden sacar de máis dun apuro.

Freepik

Se nos dedicamos ao mundo do deseño seguro que necesitamos en  algún momento unha imaxe de  vectores.  Freepik é a páxina por excelencia. Ten de todo e para todos os usos.

Flaticon

E se estamos a deseñar unha interface e necesitamos unha icona? Pois  Flaticon é a nosa páxina, xa que nela podemos atopar iconas de todos os tipos para decorar e mellorar os nosos  diesños.

Fontsquirrel

Se estamos a facer unha presentación ou un logotipo e necesitamos algún tipo de letra  Fontsquirrel é unha páxina  gratuíta que vale a pena mergullar, xa que nos podemos atopar grandes fontes de letra que nos poden ser de moita utilidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.