Chega o verán! Catro apps que te servirán nas túas viaxes

Chega o verán e con el chegan as vacacións que levamos desexando desde que comezou o ano. O noso teléfono móbil pode ser un gran aliado á hora de planificar as vacacións, xa que tanto Android como iOS teñen unha gran oferta de aplicacións que poden servirnos desde cando imos en coche e estamos perdidos, pasando por visitas a unha nova cidade ou coñecer o estado das praias.

Aplicacións que nos poidan servir hai centos, pero hoxe querémosvos recomendar catro apps que valen a pena tanto pola súa calidade, como polo espazo no que se moven.

Citymapper

Citymapper é a aplicación por excelencia para movernos por grandes cidades. É como un Google Maps pero vitaminado con rutas de transporte público, rutas melloradas e mesmo sitios de interese. Citymapper dinos que combinación de metro é a mellor para coller, ou cando nos temos que baixar do autobús para ir onde queremos. E faino cunha interface moi sinxela e amigable e cun prezo insuperable: gratuíto. Haina para descargar en iOS e Android.

CampingES+    

Se somos dos que nos gusta ir con tenda de campaña ou autocaravana, CampingES+ é a nosa aplicación. Con máis de 1.100 establecementos almacenados, esta aplicación proporciónanos toda a información sobre cámpings que hai no territorio español. Está dispoñible para iOS e para Android.

SayHi

Cantas veces atopámonos nun país estranxeiro e non sabemos explicarnos? Con SayHi isto deixa de ser un problema, xa que permite traducir en directo o que dicimos para comunicarnos co noso interlocutor. Ten decenas de idiomas (incluídos dialectos) e é capaz de entender case todo o que lle dicimos. Está só dispoñible para iOS.

UVLens

Se o Sol é o que nos preocupa, UVLens pódenos axudar, xa que é unha aplicación que nos mostra a cantidade de radiación ultravioleta que hai en determinada zona. Ademais, a app danos estatísticas tan curiosas como tempo que tardariamos en queimarnos se estiveramos sen protección, ou cando será o mellor momento para tomar o sol. Desta maneira, podemos estar preparados para protexernos do sol cando estamos de vacacións. A aplicación é gratuíta e está dispoñible para iOS e Android.

Foto: Jan Böke

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.