Coida a túa saúde diante do ordenador. Consellos sobre ergonomía

A maior parte das persoas que traballa con ordenadores pasa moitas horas diante do ordenador. E se á xornada laboral sumamos varias horas de ocio ou lecer no noso fogar, non é estraño acadar as dez horas diarias sentado fronte a un monitor.

Na guía práctica de hoxe ofrecémosche algúns consellos para que te coloques correctamente cando te sentes diante dun ordenador; axudarache a evitar dores ou males futuros.

Fonte: proacciona

Fonte: proacciona

Usa unha boa cadeira e séntate ben atrás

Se pasas moitas horas sentado diante do ordenador é aconsellable empregar unha cadeira ergonómica, cun respaldo que se adapte ao noso corpo. En todo caso, teñas a cadeira que teñas, séntate ben atrás e asegúrate de ter todo o lombo contra o respaldo.

Coloca o monitor por debaixo da liña dos ollos

Se mantés esta posición, asegurarás que os ombreiros e o lombo manteñan unha posición correcta durante máis tempo.

Ten conta do brillo do monitor

Ter un brillo moi alto pode facer moito dano á vista, sobre todo en períodos de exposición prolongados. Axusta o brillo do monitor ou emprega unhas gafas especiais para ordenador. A pantalla do ordenador, mellor con acabado mate (non brillante).

Distancia entre pantalla e usuario: un brazo

Esta medida axudarache a medir sempre o espazo que convén deixar entre o monitor e ti.

A posición dos pés       

Fixos nunha superficie (non colgando) e as pernas sen cruzar. Se non podes apoiarte no chan, emprega un escabel ou similar.

Tes algún consello máis para mellorar a nosa posición diante do ordenador? Cóntanolo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.