Consegue o selfie perfecto con estas tres apps

Din os rumores de estatísticas que as fotos que máis se soben a Instagram son os selfies xunto ás fotos de comida e de paisaxes. O selfie ou autofoto é xa todo un xénero dentro da fotografía, existindo auténticos especialistas que son capaces de facer fotos que mesmo cunha cámara profesional seríanos complicado.

Como sempre dicimos, no mundo das aplicacións móbiles se necesitamos algo, seguro que existirá. Por suposto, para facernos selfies existen multitude de aplicacións que nos poden axudar. Hoxe querémosvos recomendar tres aplicacións que nos poden axudar cando queremos facernos a autofoto perfecta.

YouCam Perfect

YouCam Perfect é unha aplicación que nos permite facernos os selfies perfectos grazas a que aplica filtros en tempo real, é dicir, que podemos ver como vai quedar a foto mesmo antes de sacala.

YouCam Perfect está dispoñible para  iOS e para Android.

Cymera

Cymera é unha app similar á anterior, só que os seus efectos permítennos transformar os nosos selfies en fotos que parecen ter calidade profesional. Como YouCam Perfect, Cymera permite retocarnos en tempo real e tamén combinar as fotos de varias maneiras: mosaico, tiras cómicas e diferentes stickers e emojis.

Cymera pódese descargar para Android e tamén en iOS.

Candy Camera

Candy Camera ten como característica principal a cantidade de filtros e texturas que se lle poden aplicar ás nosas fotos. Pódense engadir tamén etiquetas e animacións e mesmo suavizar as nosas faccións para que pareza que a foto saíu dunha revista de moda.

Candy Camera está dispoñible para iOS e Android.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.