Guía práctica | Emprega a autenticación en dous pasos en Gmail

Na guía práctica desta semana imos a mellorar a nosa seguridade en Gmail. Para iso, imos a dar de alta a autenticación de dous factores da que falabamos esta semana. Con isto evitaremos problemas de seguridade na nosa conta de correo electrónico.

O primeiro que debemos facer é conectarnos na nosa conta en Gmail. Se non a tes e queres facer, é moi sinxelo! Segue este pequeno titorial e volve a esta páxina de novo!

Para realizar o proceso de verificación en dous pasos tes que ir a este enderezo. É posible que che pidan que te conectes coa túa conta de Gmail. Logo diso aparecerá unha ventá coma esta; preme en “comezar

verif2pasos1

Para realizar a autenticación en dous pasos precisas un número de teléfono. Tal como explicabamos en Xente Dixital necesitas algo que so ti sabes (o teu contrasinal) e algo que so ti tes (e para iso vas a precisar o teu teléfono).

Lembra que o teléfono debe ter o código do país (para España é +34)

O código que recibirás para iniciar a sesión podes obtelo de diferentes maneiras. De entrada, a través deste proceso, podes obtelo a través de mensaxes de texto (o máis habitual) ou a través dunha chamada telefónica que che vai ditando os díxitos que compoñen o código.

verif2pasos2

Listo! Xa tes a verificación en dous pasos activada no teu computador!.

A partires de agora, cando intentes conectarte á túa conta de gmail, ademais de introducir o teu contrasinal, deberás introducir un código que che chegará por SMS (este tipo de mensaxes adoitan ser gratuítas).

Con este sistema minimizas o risco de que accedan á túa conta de correo.

Comparte esta guía con aquelas persoas que queren que mellore a súa seguridade na rede!

1 comentario

  1. Pingback: Guía práctica | emprega a autenticación en dous pasos en Gmail (2º Parte) - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.