Guía práctica | emprega a autenticación en dous pasos en Gmail (2º Parte)

2factoresA semana pasada configuramos na nosa conta de Gmail unha autenticación en dous pasos, que permite mellorar a seguridade da nosa conta.

Na guía práctica desta semana imos a mellorar ese proceso. Para iso, imos a substituír as mensaxes de texto que nos chegan ao móbil por outros sistemas alternativos.

Por defecto, o código que che piden para esta autenticación recíbelo mediante SMS

autenticacion1

Dende Google ofrecen outras alternativas para evitar a dependencia das mensaxes de texto. En realidade, estes métodos alternativos funcionan coma unha “copia de seguranza” en caso de que non teñas o teu teléfono contigo, ou non poidas recibir mensaxes de texto.

autenticacion2

Códigos de seguridade

Esta opción permite que gardes e imprimas dez códigos diferentes, que deberás conservar e levar contigo. Resulta especialmente útil nas viaxes ao estranxeiro.

Solicitude de Google

Esta opción evita ter que escribir códigos de verificación; no canto diso aparecerá unha solicitude de Google no teléfono e so terás que premer “si” para iniciar a sesión.

Para iso precisas ter instalada a aplicación de Google (no caso de iOS), pero para android é máis sinxelo. De feito, esta é a opción máis sinxela de todas.

Aplicación Authenticator

Esta aplicación xera códigos aleatorios cada 30 segundos, de maneira que se tes o teléfono contigo, podes iniciar a sesión buscando en tempo real o código e introducíndoo. Para iso precisas unha app externa (android ou iOs), pero ten a vantaxe engadida de que esta aplicación tamén serve para outros servizos de autenticación en dous pasos como Dropbox, Hootsuite… etc.

Se tes varios servizos nos que activas a verificación en dous pasos, esta pode ser unha boa opción.

Teléfono alternativo

Por se perdes o teu teléfono… e tes outro número de teléfono. Así de sinxelo. Outra alternativa máis ás mensaxes para verificar a túa conta.

Clave de seguridade

As anteriores solucións ofrecían unha solución dende o punto de vista do software; velaquí a última opción que require un pequeno dispositivo físico que se utiliza para iniciar a sesión a través dun porto USB do ordenador.

Para engadir esta clave de seguridade é preciso mercar este trebello. Non é caro, podes atopalos por menos de 10 euros, e podes codificar ti mesmo a chave usb. Este sistema é o preferido polos usuarios máis comprometidos coa seguridade, xa que só un dispositivo físico pode iniciar a sesión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.