Guía práctica | Publicacións multilingües en Facebook

Facebook xa permite publicar contidos nas súas páxinas en varios idiomas, unha solución estupenda para aquelas empresas que se dirixen a varios mercados internacionais, ou para aqueles lugares onde se falan varias linguas.

Na guía práctica desta semana en Xente Dixital ensinámosche como.

O primeiro que precisamos é ter unha páxina en Facebook. É algo do que xa falamos neste blog, xa que esta opción non está dispoñible para perfís de usuario, alomenos polo de agora.

Para activar esta opción, preme na opción que se desprega mentres estás a escribir na caixa de texto dunha nova publicación.

multiling1

Así establecerás a túa lingua habitual, e abrirase unha nova opción para escoller novos idiomas e os textos que acompañarán a súa publicación.

multiling2

Esta opcións soporta publicacións e máis de dous idiomas (imaxinades a Comisión Europea dirixíndose a todos os europeos na súa propia lingua?)

multiling3O galego aínda non está presente

Lamentablemente, o galego aínda non é unha lingua á que Facebook lle de soporte. É posible empregar Facebook en galego, pero non é posible empregar a nosa lingua nas publicacións multilingües.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.