Como ocultar a túa última hora de conexión en Instagram

Nas últimas actualizacións Instagram introduciu unas cantas melloras no que a comunicación de usuario refírese. Os “direct” (a mensaxería privada) son moito máis eficientes e é máis cómodo que antes falar con todos os nosos contactos.

Unha das características, bastante escondida, que introduciu unha das últimas actualizacións foi a posibilidade de que os nosos contactos soubesen o último momento no que estivemos conectados a Instagram, da mesma maneira que ocorre en Facebook ou WhatsApp. Moita xente non sabe nin que isto existe pero, se non queremos que ocorra, pódese desactivar dunha maneira moi sinxela.

Como ocultar a última hora de conexión en Instagram en iOS e en  Android

Antes de dicir como se fai hai que lembrar unha cousa. Do mesmo xeito que ocorre en WhatsApp, se decidimos ocultar a nosa última hora de conexión tampouco poderemos ver as horas do resto dos nosos contactos.

Para desactivar a hora de conexión en Android, temos que ir á zona do noso perfil de Instagram, para logo darlle á icona dos tres puntos en vertical. Unha vez dentro das opcións hai unha chamada “Mostrar estado de actividade”. Se a desactivamos, os nosos contactos xa non poderán ver cando foi a última hora que nos conectamos.

En  iOS é bastante similar. Temos que ir ao noso perfil e á beira do botón “Editar perfil” hai unha icona dunha roda con dentes Dámoslle aí para entrar nas opcións e buscamos tamén “Mostrar estado de actividade” para desactivar a opción de que vexan esta  informacióon privada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.